O Son dos Arrieiros consolida á Estrada no mapa de festivais de Galicia

Setembro 03, 2023

nota:

Tras o éxito e recoñecemento adquiridos nas dúas edicións anteriores, O Son dos Arrieiros aposta por manter un cartel paritario con máis dunha decena de artistas galegos, pretendendo amosar que é posible formular propostas de éxito en clave territorial e brindando a oportunidade de coñecer os cabezas de cartel do mañá que non teñen cabida en outros festivais.

Os artistas que conforman o cartel son: Carolina Rubirosa, Guezos, Rayo Taser, DJOW, hydn, Señora Dj, Playa desmayo, Babykatze, Malandrómeda, Elba, Boyanka Kostova e Maefield.

Desta volta, A Estrada gozará dun festival de carácter gratuito que encherá diferentes espazos do concello cunha gran variedade de tendencias musicais durante o 22 e 23 de setembro, situando un ano máis a localidade dentro do mapa de festivais de Galicia.