O Samaín Rock refúxiase na Zona C

Outubro 30, 2012

O Samaín Rock que Desconcierto Cultural tiña previsto celebrar inicialmente na Praza dos Bombeiros cambia de ubicación á Zona C. O parte meteorolóxico non pinta nada ben para mañan pola noite, cunha importante borrasca que ameaza botar a perder todo o evento. A Zona C está situada a uns 100 metros da Praza dos Bombeiros, no edificio anexo ó mosteiro de Santo Domingos de Bonaval. Lóxicamente, o evento segue a ser de balde e poderemos disfrutar dos concertos de Lendrone, Burgas Beat e Guerrera, e dende aquí seguimos animando ás masas a que vos vistades de rockeiros defuntos para conseguir ese fantástico premio que vos temos preparados.
Tal e coma estaba previsto, o Samaín Rock rematará con unha festa no Cachán Clube que contará coa actuación de Pastillas Mamut.

AXENDA

Facebook

14 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook