O rock americano de Quique González a un chisco de convencer no Pazo da Ópera, 31-maio-2013

Xuño 03, 2013

Son tempos duros para os artistas de rock. Estes sempre foron máis carne de directo pero agora aínda teñen que tocar máis en vivo dadas as escasas vendas de discos. Xa que logo, hai abonda oferta de concertos e o público non pode asistir a todo e ten que elixir. Por iso, non pode deixar de chamar a atención o feito de que un artista teña que recorrer ao aforo dun Pazo da Ópera, aínda que non o encha.

Mais o caso de Quique González é especial. Quen asistimos ás súas primeiras visitas coruñesas fomos vendo crecer a expectación conforme ía editando discos e chegaba até un público máis de “artista de fans” ou menos roqueiro que o artista. Prexuízos aparte, non cabe dúbida de que a estas alturas é unha parvada ignorar a súa influencia nunha xeración de cantautores roqueiros, songwriters ou como queiramos etiquetala. Cancións notables ten composto abondas. Iso si, falta sonar impecable como as bandas americanas.

A expectación que esperta a súa proposta e a conseguinte boa venda de entradas permítelle seguir contando con estupendos músicos para as súas xiras e un despliegue técnico de calidade. Non obstante, o son do concerto do sábado deixou bastante que desexar, eclipsando en demasía a impecable sección rítmica dos Señor Mostaza: Alejandro “Boli” Climent e Edu Olmedo. As guitarras e cordas de Edu Ortega (magnífco como sempre) e Pepo López (de Chivo Chivato) correron mellor sorte. En canto á voz de Quique, por momentos sonou innecesariamente alta.

No repertorio non houbo sorpresas e houbo repaso practicamente completo ao último álbum “Delantera mítica”, incluíndo a versión do “Is Your Love in Vain?” de Bob Dylan. Como é normal, o público celebraba e acompañaba as pezas máis recoñecibles ou asimiladas que en varias ocasións revivían grazas aos matices ou variacións que lle dá o cambio de músicos para cada xira. “Manhattan”, “Caminando en círculos”, o violín de Ortega en “Cuando estés en vena” ou “Palomas en la Quinta”, un Quique en solitario con “Polvo en el aire”, a electricidade de “Suave es la noche” e “39 grados” cun tremendo recitado final … Entre as novas, cómpre salientar unha fronteriza “Dallas-Memphis” a calidez de “No encuentro a Samuel” ou a rabia contida do single “Tenía que decírtelo”.

Así sobrepasaron xenerosamente as dúas horas de concerto, agrupando momentos máis acústicos con outros de pura fereza eléctrica e sempre transmitindo calidez e comodidade entre os músicos. Mágoa ese son con baleiro, como o daqueles tempos de “veña decibelios no pavillón de deportes”.

Pepe Cunha, 3-xuño-2013

La fábrica
Parece mentira
¿Dónde está el dinero?
Viejos capos
Restos de stock
Caminando en círculos
Cuando estés en vena
Delantera mítica
Manhattan
No encuentro a Samuel
Palomas en la quinta
Pájaros mojados
Hasta que todo te encaje
La ciudad del viento
39 grados
Polvo en el aire
¿Es tu amor en vano?
Aunque tú no lo sepas
Las chicas son magníficas
Kamikazes enamorados
Suave es la noche
Miss camiseta mojada
Hotel Los Ángeles

Tenía que decírtelo
Salitre
Dallas-Memphis

Su día libre
Vidas cruzadas

Y los conserjes de noche

Fotos e playlist nas ligazóns seguintes:

AXENDA

Facebook

This message is only visible to admins.
Problem displaying Facebook posts. Backup cache in use.
PPCA Error: Due to Facebook API changes it is no longer possible to display a feed from a Facebook Page you are not an admin of. The Facebook feed below is not using a valid Access Token for this Facebook page and so has stopped updating.

12 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe mércores Narci Rodriguez no Jazz Filloa coruñés#RESERVA ENTRADAS: jazzfilloa@jazzfilloa.comAFORO LIMITADO!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook