O Reperkusión cambia de localización e celebrarase en Ourense, na Cidade dos Muchachos de Bemposta

Abril 26, 2012

O Festival Reperkusión cambia o seu lugar de celebración: será os días 17, 18 e 19 de maio na Cidade dos Muchachos de Bemposta, no concello de Ourense. O obxectivo do cambio é garantir unhas condicións óptimas a todos os asistentes ao festival, que non estaban aseguradas no recinto do Portiño, que o Concello de Allariz designara para o festival este ano. O festival montará en Bemposta unha carpa de circo de 3.000 metros cadrados para a celebración dos concertos, e manterá a súa estrutura e toda a programación. O cabeza de cartel é Manu Chao La Ventura con dous concertos e inclúe máis de 40 actuacións musicais, malabares, artes escénicas, pasacalles, obradoiros, mercadiño etc.

O novo espazo

A Cidade dos Muchachos en Bemposta foi o espazo no que se desenvolveu un proxecto modélico de integración que tiña nas artes e no circo un dos seus piares. Atópase a 5 minutos do centro de Ourense e a 20 minutos de Allariz. A organización do Reperkusión considera que a celebración alí
da décima edición do festival é tamén unha oportunidade para redescubrir un espazo cheo de posibilidades e que se adapta perfectamente para a celebración dun festival cunha programación como a do Reperkusión.

No recinto instalarase unha carpa de circo de 3.000 metros cadrados para a celebración dos concertos, unha carpa tipo domo para as actividades circenses e estrutura de pequena aldea ideal para os pasarrúas e os mercadiños. A zona de acampada situarase dentro do propio recinto, co que seguirá estando moi próxima ao lugar dos concertos. Establecerase unha zona de aparcamento no Pavillón Paco Paz, desde onde partirá un servizo de autobuses lanzadeira que conectará de maneira permanente con Bemposta. Tamén haberá autobuses conectando Allariz con Bemposta, para non prexudicar ao público da vila que mercara entrada nin á xente que ten reservado aloxamento en Allariz.

A resposta do Concello de Ourense á proposta de traslado foi moi positiva. A concelleira de Cultura, Isabel Pérez, mostroulle á organización a total disposición do Concello para colaborar co proxecto.

Problemas co recinto anterior

A organización viuse na obriga de desbotar o recinto acordado co Concello de Allariz para a celebración do festival. A tres semanas do inicio do festival aínda non se fixeran os labores de acondicionamento imprescindibles para preparar o terreo e facer posible a realización do festival.
A chuvia das últimas semanas agravou o estado do recinto do Portiño, que presenta nestes momentos malas condicións para celebrar o festival con garantías mínimas de calidade que cumpran as expectativas do público.

A pesar de que ao longo destes anos recibiron ofertas doutras localidades, a vontade da organización do Reperkusión era seguir celebrando o festival en Allariz e lamenta ter que deixar a vila logo de nove edicións. A organización decidiu que non podía condicionar o éxito do festival ao estado do recinto, polo que propuxo dous espazos alternativos dentro de Allariz: un campo de fútbol e a praia de Vilanova, onde se celebrou en edicións anteriores e no que a organización se comprometeu a replantar todo o céspede ao remate do festival. As alternativas non foron aceptadas, polo que houbo que buscar un espazo noutro municipio.

Manu Chao e moito máis

A de 2012 será a décima edición do Reperkusión. Para celebralo contará cun cartel moi especial, encabezado por Manu Chao La Ventura, que fará en Ourense as súas dúas únicas actuacións previstas na Península este ano. Serán o xoves 17 e o sábado 19 de maio con dous concertos que
superarán as dúas horas e media de duración, e nos que variarán dun a outro parte do repertorio e os convidados que subirán ao escenario. Tamén están confirmadas as actuacións dalgunhas das formacións máis interesantes da música global e mestiza: El Canijo de Jerez (debut en solitario do
ex líder de Los Delinqüentes), Dubioza Kolektiv (Bosnia), Kiril Dzajkovski (Macedonia), La Troba Kung-Fú (Catalula), Russkaja (Austria), Funky Style Brass (Francia), Os 3 Trebóns (Galicia), Festicultores Troupe (Galicia), Bohemian Betyars (Hungría), Gambeat Experience (Francia), Dj Karim (Alxeria) e moitos outros grupos galegos no escenario de día, como Terbutalina, Pé de Boi, Güintervan, Qando Vand… Ademais, circo e malabares no escenario de gorra, artes escénicas, pasarrúas, obradoiros, mercadiño etc.

Xoves 17 de maio:

ESCENARIO PRINCIPAL
Manu Chao La Ventura
Kiril Dzajkovsky
Funky Style Brass
Os 3 Trebóns
Hadri Hache

Venres 18 de maio:
ESCENARIO PRINCIPAL
El Canijo de Jerez + Tomasito
Russkaja
Dubioza Kolektiv

ESCENARIO DE DÍA
Tabú
Terbutalina
Chotokoeu
Ke-Percussion

ESCENARIO DE DÍA
Yomelo Montosolo
Eva Clapp
Estefanía Royal

Bohemian Betyars
Funkombo

Qando Vand
Banda Desarmada
Pé de Boi

Sábado 19 de maio:
ESCENARIO PRINCIPAL
Manu Chao La Ventura
La Troba Kung-Fú
Festicultores Troupe
Gambeat Experience
Dj Karim

Escenario de gorra: Murray Molloy (Dublín/malabares), Ironik (Bilbao/malabares), Mago Kreston (Arxentina/maxia), Kote Malabar (Lalín/malabares), Naked (Pamplona/break dance) e El Arca de las Leyendas (Asturias/malabares).

Devolución de enradas

Os bonos e entradas para o X Festival Reperkusión poden mercarse anticipadas ata o 16 de maio: 45 € o bono de tres días, 50 € o bono con cámping e 20 € a entrada dun día. No despacho de billetes nos días do festival, os prezos serán: 50 € o bono de tres días, 55 € o bono con cámping e 25 € a entrada dun día.

As entradas poden mercarse a través da web www.reperkusion.com e nos seguintes puntos de venda: Ourense: C. C. Auriense, Faíscas, Saborido Charcutería / Vigo: Tiendas Tipo / Compostela: A Reixa Tenda / Lugo: Don Disco / A Coruña: Discos Noni’s / Allariz: Fandiño Tapas, A Micalla, A
Baiuca, Roi Xordo, Bar Orballo, Aira das Letras / Xinzo da Limia: Micaliñas, Feito Praza / Celanova: Óptica Anteollos / Boiro: Aturuxo.

A organización ofrécelles ás persoas que mercaron entradas e se ven afectadas polo cambio de localización do festival a posibilidade de devolverlles o diñeiro, incluídos os gastos de distribución. Aquelas persoas que mercaron as entradas en codetickets.com, poden solicitar a devolución do importe a través do mail devolucions@reperkusion.com, indicando o nome, apelidos e DNI que figura na compra das entradas e un número de conta para o ingreso do diñeiro. As persoas que fixeron a compra en puntos de venda físicos poderán solicitar a devolución nos mesmos puntos de venda.

ESCENARIO DE DÍA
A Caixa de Tambora
Güintervan
Ray Fernández
La Vaga Banda
Zacatum

Facebook