O Outono Códax amplía horizontes nunha 15ª edición plural e vibrante

Setembro 10, 2025

nota:

Cunha programación na que este ano teñen especial protagonismo artistas referenciais -tanto do ámbito internacional como galego e estatal- á hora de ampliar os horizontes e as perspectivas das músicas de raíz afroamericanas, o festival Outono Códax reafírmase nesta a súa 15ª edición como un espazo de encontro entre tradicións, xeracións e estilos.

Unha celebración da diversidade musical na que teñen cabida o soul contemporáneo, o folk, blues, as músicas de raíces americanas (do norte e do sur), o jazz punk, o rock progresivo e a psicodelia. Todos baixo un mesmo paraugas. Os abonos para os 4 concertos da sala Capitol xa están á venda a un prezo de 55 euros (+gastos de xestión), para os 50 primeiros compradores

Doce grupos participarán nos sete concertos que conforman o menú musical do Outono Códax 2025. Sempre co aval que acredita a traxectoria das programacións do festival, este ano repítese a presenza de figuras consagradas con abrumadoras traxectorias, como o norteamericano Lee Greene, os franceses Komodrag and the Mounodor, os barceloneses Los Sírex ou o galego Víctor Coyote.

Pero se algo caracteriza o cartel desta 15ª edición do Outono Códax é o contar con grupos e artistas que nestes momentos están a ser considerados entre os máis grandes expoñentes actuais dos seus estilos.

Relevantes figuras do presente cunha vasta proxección futura, como é o caso de Principles of Joy, considerada «a formación de soul contemporáneo máis popular de Europa»; de Valerie June, encargada de abrir o concerto de The Rolling Stones en Londres e que ten colaborado con Dan Auerbach (The Black Keys); de Son Little, unha voz e unha guitarra a medio camiño entre o vintage e o moderno, ou dos madrileños Gilipojazz, que veñen de se converter na primeira banda de rock española que actúa no prestixioso Festival de Jazz de Montreux.

Por suposto, o Outono Códax, non esquece a presenza galega na súa programación. E tamén aí asoma o xogo interxeracional. Atestíguao a presenza dun artista de tan longa e fructífera traxectoria como Víctor Coyote xunto a músicos emerxentes como Javi Álvarez ou Pablo Leira.

Un ano máis e baixo o apoio e colaboración de Bodegas Martín Códax, o festival impulsado por Raíña Productions e A Reixa achegará a Galicia o mellor do xénero con nove citas que conforman unha exquisita programación na que, fiel á súa filosofía, priorízase a calidade e a variedade.

A maiores da programación musical, o Outono Códax 2025 complementa a súa proposta cunha nova edición do ciclo de proxeccións Blow Up… A Música no Cinema, a presentación do libro do Miqui Puig, pinchadas tralos concertos, unha exposición de ilustracións de Víctor Coyote e catas musicais e gastronómicas.

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Sexa por descoñecemento, sensacionalismo, torpeza ... moi mal colgar así esas cifras, a monte, sen un mínimo de explicación. Pode facerse dano.La Voz de Galicia. Edición FerrolSen ir máis lonxe, o de Budiño é por cinco concertos, non polo de Ferrol.Se vos queredes escandalizar, entrade aquí e pensade en quen merecen apoio e axuda e non cheiran un euro.www.contratosdegalicia.gal/resultadoIndex.jsp?e3=1&ESTADO=4,5,6,8&OR=242&lang=gl ... See MoreSee Less
Ver en Facebook