“O mundo está parado”, novo disco de Guadi Galego, edítase o 4 de novembro

Outubro 04, 2016

nota:

Co seu anterior “Lúas de outubro e agosto” (Fol Música 2014), a compositora Guadi Galego conseguiu conquistar a público e crítica cun disco extraordinario, cheo de cancións fermosas, melodías sublimes e letras moi persoais.

“O vindeiro 4 de novembro Guadi Galego vai publicar o seu terceiro disco en solitario, “O mundo está parado”, un conxunto de cancións onde a pluralidade a universalidade e á vez a diversidade están presentes. Unha reflexión sobre a imposibilidade da coherencia.

“O mundo está parado” está conformado por 10 temas: 6 escritos por ela,3 por Carlos Abal e 1 por Pachi Garcia, que exerce de novo como productor musical. Guadi Galego perfílase como unha compositora extremadamente orixinal e única.

LISTADO DE TEMAS:

1. Cedeira
2. O Privilexio É Soñar
3. Mente En Branco
4. O Mundo Está Parado
5. El Entorno
6. Vas Cara Arriba
7. Dende Que Marchaches
8. Vida
9. Tribu
10. Canción Para Ver

Na primeira e limitada edición de “O mundo está parado” Guadi decidiu engadir máis valor artístico ao traballo: é importante sinalar que o único formato que haberá dispoñible nas tendas de discos é un vinilo, dentro poderán atoparse un CD (coas mesmas cancións) e unha fotografía dun tamaño 20x30cm, obra de Carlos Abal. Hai 10 fotos distintas distribuidas nunha tirada de 1.000 vinilos.

Se non podes mercalo nunha tenda podes reservar a tua copia de vinilo no Facebook da artista ou facer a túa reserva en vinilosguadigalego@gmail.com

O MUNDO ESTÁ PARADO tamén estará dispoñible nas plataformas dixitais.

AXENDA