O martes 12 comeza o HOLANOLA LAB FEST, que conecta as músicas de Nova Orleans e da Península Ibérica

Setembro 11, 2023

nota:

O HOLANOLA LAB-FESTIVAL, que se concibe máis que como un festival ao uso, como un auténtico laboratorio artístico capaz de construír unha comunidade baseada nunha conexión entre músicos de Nova Orleans e da Península Ibérica, arranca mañá martes en Santiago.

O primeiro dos concertos programados terá como protagonista a Sanny, o proxecto musical da viguesa Sandra Gómez. Sanny ten un pé nos primeiros anos de Bob Dylan e no Nebraska de Bruce Springsteen, e co outro en artistas indie contemporáneas como Phoebe Bridgers ou Sharon Van Etten. O concerto terá lugar no Fuco Lois e a entrada é de balde ata completar aforo.

FILOSOFÍA

A referencia do HOLANOLA segue a ser Nova Orleans, en tanto que cidade que deu orixe a un xénero musical como o jazz, pero que inspirou e alimentou outros moitos. «Neste sentido, o festival non ten límites de estilo», apuntan os seus organizadores. «HOLANOLA é un festival ecléctico e aberto musicalmente a moitos xéneros. Entendemos este encontro como unha mestura de diferentes influencias afastadas do elitismo e cun carácter marcadamente popular».

A programación do festival incorpora ademais unha serie de conversas culturais ao redor da música, os seus contextos e derivas, guiadas por recoñecidos xornalistas musicais.

O programa complétase con diferentes achegas, que van desde sons máis locais ata outros universais como o rock and roll, o fado ou o flamenco. O obxectivo, explican os organizadores, é «construír un diálogo horizontal entre distintos músicos de diferentes xéneros e o público, para crear unha comunidade apaixonada polo intercambio cultural».

Na súa segunda edición, que se celebra do 12 ao 27 de setembro, o HOLANOLA LAB FEST expande os seus horizontes e ademais de en Santiago de Compostela celebrarase nas dúas principais ciudades de Portugal: Oporto e Lisboa, iniciando unha colaboración con unha vintena de músicos pertencentes a catro destacadas bandas do país veciño.

HOLANOLA conta con acordos de colaboración coa Embaixada de Portugal en España, con Cooperación Española e conla Fundación Paideia.

PROGRAMA

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Martes 12 Set

SANNY (Fuco Lois | Portas: 20.30 h). Entrada e balde ata completar aforo

Mércores 13 Set

SABELA KING & THE HEARTBREAKERS (Borriquita de Belem | Portas: 20.30 h). 5€ (+gx)

Xoves 14 Set

Proxección do film “Buck Jumping”, de Lily Kebber (Numax | 19 h). 5€ (venda só na billeteira)

JOSEMI CARMONA & DAVID DE JACOBA (Riquela Club | Portas: 21 h). 15€ (+gx)

CARLOS CHILDE (Riquela Club | Portas: 22.20 h)

Venres 15 Set

FADO VIOLADO (Borriquita de Belem | Portas: 20 h). 5€ (venda só na billeteira)

SABINE McCALLA + ADRIÁN COSTA & JULIÁN MAESO (Riquela Club | Portas: 20.30 h) . 15€ (+gx)

Sábado 16 Set

«Comunidades artísticas e resistencia musical en New Orleans» (Riquela Club | 11.30 h)

SHOWCASES PROXECTOS FUNDACIÓN PAIDEIA (Praza Feixoo | 13 h)

DUFF THOMPSON & STEPH GREEN + MAS BIEN HAHN & SAM DOORES (Riquela Club | Portas: 20.30 h) . 15€ (+gx)

Domingo 17 Set

Masterclass de pandeireta e canto. (Riquela Club | 13 h)

GINA LESLIE & LEONIE EVANS & PALOMA (Modus Vivendi | Portas: 20.30 h). De balde ata completar aforo

PORTO

Venres 22 Set

SABINE MCCALLA & GINA LESLIE + STEPH GREEN & DUFF THOMPSON (M.Ou.Co. | Portas: 20.30 h) . 15€ (+gx)

Sábado 23 Set

LEONIE EVANS & NOEL MC KAY (acoustic show) (M.Ou.Co. | 17 h). De balde ata completar aforo

THE LEMON LOVERS + SAM DOORES & MAX BIEN KAHN (M.Ou.Co. | Portas: 19.30 h). 15€ (+gx)

LISBOA

Mércores 27 Set

HOLA NOLA BAND FEST | TIME FOR T | CAVALO 55 | ADRIÁN COSTA & JULIÁN MAESO (Arroz Estúdios | Portas: 17.30 h) . 15€ (+gx)

ENTRADAS E ABONO

As entradas para os concertos do Holanola están á venda en www.ataquilla.com

Existe ademais a posibilidade de mercar un abono por 40 euros (máis gastos de xestión) que da acceso a todos os concertos de Santiago e de Oporto

AXENDA

Facebook