O José Mercé que se esperaba triunfou no Son[s] do Jofre, 18-xan-2014

Xaneiro 20, 2014

O cantaor xerezano é un deses artistas elixidos que tras se labrar unha reputación no seu estilo, neste caso o flamenco, foi quen un día de abrir a súa proposta, chegar a un público máis amplo e non por iso perder un chisco da súa reputación. Probablemente por isto, cando vén actuar fronte un público menos afeito ao flamenco a resposta é tan notábel como a do pasado sábado no Teatro Jofre. Desde o principio o artista agradeceuna co seu sorriso perenne á vez que “piropeou” o teatro ferrolán.

Dado que as visitas “al Norte”non son frecuentes, o artista ofreceu un concerto dividido en dúas partes coas que lucir a súa diversidade intepretativa e agradar os diferentes ouvidos. Para quen queriamos algo didáctico, na primeira acompañouse só do guitarrista (o outro triunfador da noite) para facer un repaso de diferentes cantes (malagueña, bulería, alegría, tiento, fandango, soleá…). Non entrou en explicacións, pero si presentou o cante que seguía.

Tras deixarnos cun intervalo aplaudido de guitarra e caixón, volveu acompañado de palmas e coros para unha segunda parte menos austera e máis acorde con ese salto de popularidade que propiciou o álbum “Aire”. Precisamente dúas pezas deste foron as máis celebradas da velada: a versión da emocionante “Al alba” de Aute (o público aquí foi protagonista cantando o retrouso) e “Aire” nos bises.

A audiencia variada viña case entregada ou fácil de compracer, pero Mercé non defraudou nin en voz nin en simpatía. Tampouco sería de estrañar que os ouvidos máis eruditos demanden algo máis pero, como demostrou aplaudindo en pé, un Jofre case cheo recibiu o que esperaba.

Pepe Cunha, 20-xaneiro-2014

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook