O grupo Xerock do Centro San Xerome abre un concurso para escoller unha canción orixinal que estrearán no Festival Reperkusión

Febreiro 19, 2013

A banda, formada por persoas con discapacidade intelectual, busca un grupo ou autor que lles compoña un tema, e ao que convidarían a tocar con eles no escenario do Reperkusión. A canción ten que ser de autores ou grupos de menos de 30 anos e deben enviala antes do 28 de febreiro.

Xerock quere celebrar así 10 anos de experiencias e integración a través da música, no que demostraron a súa capacidade xunto a músicos como Luis Tosar e Di Elas
O Festival Reperkusión celébrase o 10, 11 e 12 de maio en Bemposta (Ourense). Están xa confirmados Fermin Muguruza, Banda Fura Fura, Slamboree, Haydamaky e Quequé.

Os abonos de tres días poden mercarse a través da web www.reperkusion.com nunha oferta especial para os 1.000 primeiros de 25 € incluíndo a acampada

Aquí tedes un vídeo de presentación do proxecto:

AXENDA

Facebook

14 hours ago

Ábrete de orellas
hoxe comeza unha xira galega de Akafree.Eis as datas na axenda orelludaXoves 15. Santiago: Borriquita de Belém. 21:30h. 12€Venres 16. A Coruña: Filloa. 21:30h e 23h. 12€ cada paseSábado 17. Ferrol: Sala Urania, sesión vermú. 12:30h. Achega voluntariaSábado 17. Pontedeume: El Patio. 21hChefa Alonso : composicións, saxo sopranoMaría Prado: violoncheloJorge Frías: contrabaixoFernando Lamas: batería ...
Ver en Facebook (ábrese nunha nova pestana)