o Festival SonRías Baixas anuncia as primeiras confirmacións: Lendakaris Muertos, Boikot, Heredeiros e Poetarras

Febreiro 15, 2016

nota:

O Festival SonRías Baixas anuncia as primeiras bandas coas que encherá de rock e de festa a vila de Bueu a primeira fin de semana agosto. Trátase de dúas bandas de referencia no panorama rockeiro español e dous dos mellores exemplos da provocación feita música en Galicia: os míticos Lendakaris Muertos, máximos expoñentes do punk español máis gamberro e absurdo, regresan aos escenarios despois dun parón de dous anos e terán no SonRías Baixas a súa parada oficial no noroeste peninsular: os madrileños Boikot volven a Bueu, por aclamación popular, despois de arrasar na edición de 2013 coa súa enerxía e diversión revolucionaria; tamén repiten os Heredeiros da Crus, outra das bandas máis queridas do público do SonRías Baixas, nun dos poucos concertos de gran formato que ofrecerán este verán, despois de facer sold out en toda a súa xira de salas; e pechan este primeiro avance os Poetarras, un colectivo “arterrorístico” especialista en crear cancións pegadizas e irreverentes que os teñen convertido nos seus poucos anos de vida nos máximos expoñentes da nova retranca galega.

A organización promete máis sopresas para as próximas semanas e pon xa á venda na súa web as primeiras 500 entradas a un prezo reducido de 18,50 euros máis gastos o abono dos dous días, acampada incluída, unha oferta sen comparación nos festivais da península. O prezo na billeteira será de 35 euros.

AXENDA

Facebook