A edición de 2015 do recomendabilísimo festival na Illa de San Simón terá lugar os días 24, 25 e 26 de xullo.
Eis un resumo da información:
Horarios :
* Venres 24 de xullo de 16:30h a 21h: xornada de apertura e 4 concertos exclusivos.
* Sábado 25 de xullo de 13h a 21h, día principal do festival. Contará con 6 concertos en escenarios e 2 sesións moi especiais de DJs. Todos os artistas son diferentes á xornada anterior.
As entradas individuais para o venres e sábado saen á venda cun prezo de de 30 e 45 euros respectivamente. A isto cómpre sumarlle os gastos de xestión e ter en conta que este prezo se manterá até o 17 de xullo. A partir de esta data o prezo subirá: a entrada do venres 24 de xullo pasará a custar 35 euros e a do sábado 25 de xullo, 50 euros.
* Domingo 26 de xullo, de 13h a 20h, xornada de clausura, unha xornada especial con 4 concertos e unha serie de actividades paralelas para públicos familiares.
O domingo será un día especial, con concertos e actividades entre as 13h e as 20h. Ese día programación especial para públicos familiares. O prezo da entrada é de 30 euros (adultos) e 7 euros (menores até 16 anos) até o 17 de xullo. A partir desa data 35 euros (adultos) e 9 euros (menores até 16 anos).
Aquelas persoas que adquiran bono para venres 24 e sábado 25 terán un desconto de 5 euros na compra da entrada do domingo 26.
Os barcos partirán e chegarán exclusivamente ao Centro de Interpretación de Meirande (Redondela), con 2 saídas diarias.
Venres 24
Ida – 15:30 / 16:15
Volta – 21:15 / 22:00
Sábado 25
Ida – 11:30 / 12:15
Volta – 21:15 / 22:00
Domingo 26
Ida – 11:30 / 12:15
Volta – 20:15 / 21:0
Bonos e entradas en ticketea.