nota:
O festival Revenidas, que se celebrará do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán, porá a venda 500 abonos para fieis, mesmo antes de dar a coñecer o seu cartel.
Os abonos poderán mercarse a partir das 12.00 horas do martes 2 de xaneiro na web www.revenidas.com. O excepcional prezo destes 500 primeiros abonos será de 46 euros máis gastos de xestión.
As persoas que merquen esters abonos tamén poderán xa reservar a zona de acampada dende a propia web, abonando o suplemento correspondente
Aínda que o Revenidas non avanzou aínda ningún dos nomes que conformarán o seu cartel, o festival manterá a súa filosfía de incluir destacadas figuras da escena musical galega, estatal e internacional, tendo moi en conta cuestións como a paridade de xénero ou a presenza de linguas minorizadas. Non faltarán tampouco as actividades paralelas que son parte e historia fundamental do Revenidas como a tradicional sardiñada, a Gala de Circo Solidaria, os concertos a bordo ou o roteiro por Vilaxoán.
OITO CANDIDATURAS NOS IBERIAN FESTIVAL AWARDS
O Revenidas ven de ser nomeado en oito categorías dos Iberian Festival Awards. O festival de Vilaxoán é candidato ao
– Mellor festival de tamaño mediano
– Mellor promoción turística
– Mellor programa cultural
– Mellor estratexia de comunicación e márketing
– Mellor concerto en directo de España e Portugal: Dakidarría
– Mellor fotógrafo de festival: Christian Pérez
– Mellor cobertura de vídeo: Xoán Tourís
– Mellor festival lusófono e español
A gala de entrega de premios da oitava edición dos Iberian Festival Awards terá lugar en Granada o 15 de marzo. Os candidaturas poden ser votadas ata o 17 de xaneiro na web do festival (pt.surveymonkey.com).