O Festival Reperkusión volve a Bemposta (Ourense) en setembro coa súa popular mestura de músicas de todos os estilos e procedencias

Xullo 20, 2015

nota:

Pasarán polo escenario principal do Reperkusión 2015 os británicos Asian Dub Foundation Sound System, os latinoamericanos Che Sudaka, os bosnios Dubioza Kolektiv, os galegos Dakidarría e Chotokoeu e os españois Trashtucada, TranceUntes e La trocamba Matanusca

Desde hoxe poden mercarse os abonos a través da web www.reperkusion.com cunha oferta especial para as 500 persoas máis rápidas, de 15€ máis gastos ou 20€, con acampada

O Festival Reperkusión celebrará a súa 13ª edición na Cidade dos Muchachos de Bemposta, en Ourense, os días 11 e 12 de setembro. Reperkusión 2015 pechará a tempada de festivais coa súa popular mestura de músicas de todos estilos e procedencias. Pasarán polo escenario principal do festival os británicos Asian Dub Foundation Sound System, os latinoamericanos Che Sudaka, os bosnios Dubioza Kolektiv, os galegos Dakidarría e Chotokoeu e os españois Trashtucada, TranceUntes e La trocamba Matanusca.

As entradas póñense hoxe á venda a través da web www.reperkusion.com cunha oferta especial para as 500 persoas máis rápidas, só ata o 31 de xullo, de 15 € máis gastos de xestión o abono de dous días ou 20 €, se é con acceso á zona de acampada.

O venres 11 pasarán polo escenario principal de Bemposta a furia e a mestura de estilos dos británicos Asian Dub Foundation Sound System, Jungle, drum&bass, rap, reggae e sons propios mesturados con habilidade e enerxía por John Pandit (Pandit G), membro fundador da histórica banda; a forza ska, a cadencia reggae e o espírito punk-rock dos Dakidarría; a Distorsión Party de ritmos tolos e divertidos dos gaditanos Trashtucada; e a música electrónica do futuro, tocada con instrumentos primitivos, dos TranceUntes.

O sábado 12 chegarán ao escenario de Reperkusión a cumbia, o ska e o punk dos latinoamericanos afincados en Barcelona Che Sudaka, referentes internacionais da música mestiza; a música balcánica afastada dos estereotipos dos bosnios Dubioza Kolectiv, que hai dous anos xa fixeran vibrar o público do Reperkusión coa súa personalísima mestura de hip-hop, reggae, dub, rock e folclore balcánico e que veñen presentar o seu novo disco, que sacarán a finais de setembro; o directo frenético con aires balcánicos dos valencianos La Trocamba Matanusca; e o balkan, rock, swing e drum&bass dos Chotokoeu, banda galega con futuro planetario.
Como nas edicións anteriores, Reperkusión 2015 será moito máis que unha suma de concertos, xa que terá programación de día e de noite con numerosas actividades abertas ao público: humor, exposicións, teatro de rúa, pasarrúas, djs, obradoiros, mercadiño e o XIII encontro de malabares e artes do circo. Haberá tamén, unha nova edición da Empolada e varias sorpresas e novos espazos que se desvelarán ao longo das próximas semanas.

Trece edicións
Ao longo destes anos pasaron polo festival artistas como Manu Chao, Fermín Muguruza, Russkaja, 2Many Dj”s, Emir Kusturica & TNSO, Los Delinqüentes, PinkerTones, Macaco, Wagon Cookin, Muchachito Bombo Infierno, Os 3 Trebóns, Ojos de Brujo, Fanfare Ciocarlia, Eskorzo, Os Diplomáticos de Montealto, Telephunken, Sargento García, etc.

OS GRUPOS

ASIAN DUB FOUNDATION SOUND SYSTEM
A pista de baile énchese de furia e remixes inéditos
Asian Dub Foundation Sound System trae á pista de baile toda a furia e mestura de estilos da histórica banda, nun formato flexible composto por DJ”s, MC”s, cantantes e músicos do seu campamento base. O sound systen estivo sempre presente nas súas propostas en directo, ofrecendo a oportunidade de escoitar remixes inéditos, antigos e novos, xoias do seu repertorio e novas propostas sonoras todas xuntas nun espectáculo definitivo e cativador. Jungle, drum&bass, rap, reggae e sons propios son os ingredientes da súa selección musical mesturados con habilidade e enerxía por John Pandit (Pandit G), membro fundador do grupo, e adubados cos ritmos vocais típicos do ritual máis dance.
http://www.asiandubfoundation.com/
https://www.facebook.com/pages/Asian-Dub-Foundation-Sound-System/724228867661386

DUBIOZA KOLEKTIV
Música balcánica afastada dos estereotipos
Banda de Bosnia Herzegovina coñecida pola súa mirada fresca sobre o hip-hop, o reggae, o dub, o rock e o folclore balcánico. Naceu en 2003 da necesidade de expresar musicalmente a complexidade da sociedade bosnia e de amosarlle ao resto do mundo que a vida nos Balcáns vai máis alá dos estereotipos que recollen os medios. Agora xa é unha das formacións máis populares de Europa do Leste, líderes na loita social para o cambio dende os escenarios. Se estás buscando rapeiros con pose de tíos duros e de ego subido non os atoparás entre os Dubioda. Pola contra, darás cuns músicos extraordinarios que extraen dos sons tradicionais unha perspectiva única, moldeada por unha guerra que mudou as súas vidas e traballada cun nivel de positividade que te baterá como unha lufada de aire fresco.
http://dubioza.org/
https://twitter.com/dubiozakolektiv | @dubiozakolektiv
https://www.facebook.com/dubioza
https://www.youtube.com/user/dubiozatv
https://vimeo.com/dubioza

CHE SUDAKA
Cumbia, ska e punk ao servizo da xente… e da súa festa!
Che Sudaka nace en 2002 en Barcelona da man de dous irmáns arxentinos, Leo e Kachafaz, e dos seus dous compañeiros colombianos, Cheko e Jota. Fusionan cumbia, ska e punk e adobíano con letras reivindicativas ata converterse nos referentes internacionais da música mestiza que son hoxe en día. Os catro músicos sudamericanos, que viviron na súa propia pel a dura vida do inmigrante sen papeis, foron invitados a festivais musicais en corenta países e defenderon as súas letras -que derruban fronteiras culturais, ideolóxicas e físicas- nun milleiro e medio de concertos por todo o mundo. Veñen a Reperkusión 2015 co seu sexto álbum de estudio, Hoy, debaixo do brazo e cun berro na recámara: Arriba la vaina hasta k choke china con África!!!
www.chesudaka.com
http://www.facebook.com/chesudaka
http://www.twitter.com/chesudaka
http://www.instagram.com/chesudaka
http://www.youtube.com/CheSudakaStyle

DAKIDARRÍA
Forza ska e cadencia reggae para falar de novas utopías
Dakidarría está de décimo aniversario. Naceron sen plans previos, dando un salto das tardes de música entre amigos ás salas de concertos e aos escenarios dos festivais. Tan só querían vivir á súa maneira e sentirse libres e acabaron compoñendo para reflexionar sobre o mundo. Son oito músicos que fusionan ska, reggae e punk-rock, apostando pola enerxía e a festa enriba e debaixo do escenario. Neste decenio de existencia editaron unha maqueta, “Diskordia nas Rías Baixas” e catro discos: Fragasaurus Rex, El futuro nunca existió, Realidades alienantes e Utopías emerxentes. Logo de presentar o seu proxecto por toda a xeografía peninsular e boa parte de México, chegaron a un punto de inflexión que marca un antes e un despois no percorrido do grupo. A súa descarga de festa e compromiso non deixa indiferente a ninguén.
http://www.dakidarria.com/dkrEnConstruccion/
https://www.facebook.com/dakidarria
https://twitter.com/dakidarria | @Dakidarria
https://plus.google.com/+DakidarríaGalizaOficial/posts
https://www.linkedin.com/in/dakidarria

TRASHTUCADA
Distorsión Party de ritmos tolos e divertidos
Ska, rock, ritmos balcánicos, punk e drum and bass orixinario de Chiclana de la Frontera (Cádiz). A fórmula desta banda, que xa suma unha ducia de anos, baséase na mestura de estilos para compoñer unha personalidade propia. Creatividade, imaxinación, letras comprometidas e grandes doses de enerxía e diversión. Chegan ao Reperkusión co seu terceiro disco na man, Nada nos puede parar, unha nova mostra da súa característica Distorsión Party de ritmos tolos e divertidos. Nas costas, facendo gala do título deste álbum, moreas de quilómetros pola Península e medio continente (Alemaña, Francia, Suíza, Hungría, República Checa…). Nada pode deter a esta formación chea de frescura e rebeldía, que ten tamén no mercado os títulos Y no es broma y Tírate del puente.
www.trashtucada.es
www.facebook.com/trashtucada
https://www.youtube.com/user/TrashtucadaTV
https://twitter.com/Trashtucada | @Trashtucada

LA TROCAMBA MATANUSCA
Directo frenético con aires balcánicos
Grupo instrumental formado a finais de 2009 en Ontinyent (Valencia), para buscar sons con raíces na tradición popular de Europa do leste e fusionalos cos estilos dos que procedían os seus membros. Caracterízanse por un directo frenético e unha potente sección de ventos acompañados de guitarra eléctrica, baixo, batería e percusión.
Acaban de publicar o seu segundo disco, Mandoro i boruca, onde fusionan a sonoridade balcánica (kezmer, gypsy) con reggae, ska e swing, para saír ao encontro do son “do bancal”.
www.latrocamba.com

https://www.facebook.com/latrocambamatanusca

La trocamba matanusca al festival Poliritmia

TRANCEUNTES
Chega o futuro, música electrónica con instrumentos primitivos
TranceUntes naceu no ano 2010 grazas a un encontro casual entre músicos nada convencionais, curtidos na experimentación cos sons de medio mundo. Dende os comezos tiveron claro que farían unha música diferente, con instrumentos pouco habituais, orixinarios de diferentes países. Unha música universal coa rítmica máis axeitada para competir en calquera pista de baile. Non é un grupo de música electrónica, nin étnica, pero o seu son hipnótico engancha dende o primeiro momento. A conxunción do didjeridoo (Australia), o armonium (India), a timbila (Mozambique) ou a midi guitarra dan como resultado final unha música que incita a mover o corpo de principio a fin do concerto. Chega o futuro construído con instrumentos primitivos.
http://www.tranceuntes.com/
https://www.facebook.com/TranceUntes
https://twitter.com/tranceuntes | @TranceUntes

CHOTOKOEU
Balkan, rock, swing e drum&bass dende Galicia para o mundo
O poderoso directo dos Chotokoeu volve a Bemposta despois de arrasar por Europa, coa súa enerxética mestura de balkan, rock, swing e drum&Bass e coas súas letras en galego, castelán, italiano e inglés… Chotokoeu e Reper comparten razón de ser: Todo pola festa!
Despois de 8 anos e máis de 300 concertos ás súas costas o grupo está vivindo un 2015 moi ilusionante. Presentan o seu segundo disco, Saír a voar, gravado en Francia, despois de gañar o Festival de Música de Trebujena (Cádiz) e de encher salas en Oviedo, León, A Coruña e Madrid. Pecharán o verán en Ourense, despois dunha intensa xira europea con 30 concertos en 45 días por 7 países e xa coa cabeza posta en novos horizontes, coma Rusia, Macedonia e Latinoamérica.
Unha banda galega con futuro planetario, avisamos!
http://www.chotokoeu.com
https://www.facebook.com/megustachotokoeu

LA PATXARANGA
Baile e ledicia asegurados viaxando polas músicas máis frenéticas do mundo
La Patxaranga leva festa e alegría alá onde vai, viaxando polas músicas máis frenéticas do mundo (balkan, klezmer, swing, folk…), cunha formación de saxo, violín, guitarra, baixo, percusión e voz. O baile e a ledicia están asegurados!
https://www.facebook.com/lapatxaranga.estaaqui

BRIGADA AM SOUND SYSTEM
Un cóctel de estilos cos ritmos xamaicanos de cabeceira
Esta banda é a unión de varios estilos de música que viaxan dun hemisferio a outro, achegados polas influencias máis marcadas nos cinco membros que a compoñen. Cos ritmos xamaicanos como cabeceira, detense tamén nos sons das terras balcánicas, xoga co característico swing dos anos 20 e alenta a mover a cintura coa tolemia do jungle e o drum and bass. Logo de tanta festa propón relaxar o corpo a base de dub, downtempo e trip hop.
http://brigadaamsoundsystem.jimdo.com/
https://www.facebook.com/pages/Brigada-AM-SOUND-System/613559868704861

AXENDA

Facebook

17 hours ago

Ábrete de orellas
Bigott visita esta semana Galiza con "Back to Nowhere" , o seu novo disco, nervioso, directo, post punk. Xoves en Club Clavicémbalo Lugo, venres na Sala Radar, Vigo, e sábado na Sala Ruido , Ferrol.11 track album ... See MoreSee Less
Ver en Facebook