O festival O QUE NON SE ESCRIBE, sobre arquivos sonoros e creación contemporánea, celébrase o 9 e 10 de xuño en Santiago de Compostela.

Maio 31, 2023

nota:

A presentación do novo disco de CALDO, os concertos dos murcianos MAESTRO ESPADA e os asturianos L-R, unha residencia de creación colectiva, escoitas, encontros e roteiros, forman a programación deste festival singular.

O QUE NON SE ESCRIBE son unhas xornadas de aprendizaxe e experimentación sobre o noso patrimonio sonoro, unha posta en común dos proxectos máis actuais arredor da música tradicional desde unha óptica tan propia como global. Un proxecto único que pon no foco o proceso desde o máis antigo ao máis contemporáneo. O que fomos, o que somos e o que tendemos a ser como país musical.

A terceira edición de O QUE NON SE ESCRIBE celébrase o 9 e o 10 de xuño en catro localizacións de San􀆟ago de Compostela: Teatro Principal, Fundación SGAE, Casa de Europa e Parque de Vistalegre.

O programa divídese en tres bloques:
– CONCERTOS de artistas referentes da creación contemporánea a partir da música tradicional.
– ESCOITAS de arquivo de música de tradición oral comentadas.
– ENCONTROS entre artistas e profesionais da música tradicional.

Ademais, nesta edición, o festival impulsa unha RESIDENCIA DE CREACIÓN COLECTIVA na que as artistas Alberto Cernadas (crnds), Antía Vázquez, Tania Vázquez e Gabi Reboredo reinterpretarán o repertorio do arquivo que se foi recuperando e gardando durante as edicións anteriores. Un traballo en proceso que terá unha primeira mostra pública durante o festival.

PROGRAMA COMPLETO

VENRES 9
20:30h – Teatro Principal
entradas en compostelacultura.gal
CALDO
Caldo presenta “Lugar A Ponte”, o seu novo disco gravado e producido man a man con Alberto Cernadas (crnds). Neste novo traballo, déixanse levar a través doutras estéticas, facendo que os seus temas tomen camiños imprevistos. Cada tema do álbum representa un vínculo, un momento de cambio, unha relación, unha perda, funcionando coma episodios da procura dun fogar que, aos poucos, imos construíndo xunto ás persoas que queremos.
Para esta presentación, María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz) e Pedro Fariñas (guitarra) estarán acompañados por Germán Díaz (zanfona), Diego Alonso (saxo), Begoña Riobó e Antía Ameixeiras (violín), crnds (sinteƟzadores) e as pandeireteiras Claudia Abril, Flor Díez e Marta Collazo.

SÁBADO 10
11h – Parque de Vistalegre
entrada libre
ESCOITA: VERDE LOUREIRO. Roteiro polo parque.
por CrisƟna Fuentes e Gabi Reboredo
Loureiros, carballos, castiñeiros, pereiras, laranxeiras… Na nosa tradición oral atopamos numerosas canƟgas que falan das árbores. Tamén das flores, das herbas aromáticas e mediciñais, dos paxaros ou dos insectos. Acompañadas da bióloga Cristina Fuentes e dopandeireteiro Gabi Reboredo, faremos un roteiro polo Parque de Vistalegre para coñecer as especies que habitan nel… e cantarlles.
12h – Casa de Europa
entrada libre
ENCONTRO: UN NOVO MAPA
con Abe Rábade, De Ninghures , Mondra e Moura.
Moderado por Violentos Anos Vinte.
Neste encontro anual do fesƟval, procuramos que diferentes arƟstas que reinterpretan a música tradicional desde unha ópƟca contemporánea, partillen as súas experiencias creativas e profesionais. Abe Rábade desde o jazz, de Ninghures desde o folk máis clásico, Mondra desde a electrónica e as músicas urbanas e Moura desde o rock progresivo e a psicodelia, levan os arquivos da música de tradición oral ás súas linguaxes, conseguindo novas sonoridades e estéticas que enriquecen o nso patrimonio musical.

Moderan a conversa Celia, Anxo e Dani, xornalistas impulsores do podcast Violentos Anos Vinte.
Nos dous anos anteriores participaron Tanxugueiras, Caamaño & Ameixeiras, Lilaina, Andrés Rodrigues, crnds, Xosé Miguélez, Mercedes Peón, FAIA, Xacobe Marơnez Antelo e Marcos Gendre.

13:30h – Terraza da Fundación SGAE
entrada libre
L-R
Da tradición musical asturiana ao rock e o blues, da invesƟgación etnográfica á improvisación instrumental, L-R, o dúo formado por Leticia Baselgas e Rubén Bada, é un dos proxectos máis persoais da escena folk actual. O seu “posƞolk asturianu”, como elas mesmas definen o seu esƟlo, baséase no folclore da súa terra, unindo con naturalidade as pandeiretas ás guitarras eléctricas. L-R entenden a música tradicional como unha paixón e un ben inmaterial que se transmite e modifica, que pode (e debe) experimentar novas aportacións creativas. A través desa experimentación, abren un mundo simbólico ao oínte, configurando así una comunidade sensible e claramente transfronteriza.

16:30h – Casa de Europa
entrada libre
ENCONTRO: O ARQUIVO POLO QUE VALE. Uso e boas prácƟcas dos arquivos do patrimonio
musical oral.
por Beatriz Busto
Neste encontro didácƟco, a musicóloga e antropóloga Beatriz Busto guiaranos polos diferentes arquivos da música de tradición oral que podemos atopar para consulta e descarga na rede, nos libros ou en espazos İsicos. Neste seminario, daranos ferramentas para saber onde atopalos, como entendelos e de que xeito empregalos. Unha sorte de manual de boas prácticas para o estudo, o traballo e a reinterpretación do patrimonio musical.

18:30h – Casa de Europa
entrada libre
ESCOITA: O ARQUIVO GALEGO DE ALAN LOMAX
por Cantometrics
Alan Lomax gravou en Faramontaos (Ourense) a José María Rodríguez, capador, en 1952. Só 8 anos máis tarde, Miles Davis incluiu este toque de chifro no seu disco Sketches of Spain. Como unha viaxe de ida e volta, o proxecto CANTOMETRICS, liderado pola xoven gaiteira Marina Vigo, reinterpreta para o seu primeiro traballo discográfico esta mesma melodía desde a liberdade dos instrumentos contemporáneos.
Nesta escoita comentada polas integrantes de Cantometrics, abordaremos algunhas das gravacións que o etnomusicólogo estadounidense fixo na Galiza nos anos 50, material imprescindible no estudio e recuperación do noso patrimonio oral.

19:30h – Casa de Europa
entrada libre
ESCOITA: ESCOITAR A CASA por Antía Vázquez
Na música de tradición oral, as referencias á casa, ao fogar, son constantes. Neste percorrido pola parte baixa da Casa de Europa e polos seus exteriores, Anơa Vázquez poñerá voz ás cantigas que ilustran os diferentes espazos e elementos que podemos atopar arredor desta antiga casa colonial de principios do XX, antigamente propiedade da familia Simeón e actualmente xestionada pola USC.
20:30h – Fundación SGAE
entradas en compostelacultura.gal
RESIDENCIA DE CREACIÓN COLECTIVA: CRNDS, TANIA CAAMAÑO, GABI REBOREDO e ANTÍA VÁZQUEZ.
Nesta residencia de creación colectiva impulsada por Aitana Cuétara e ideada especialmente para esta edición do festival, Alberto Cernadas (crnds), Tania Caamaño, Gabi Reboredo e Antía Vázquez traballarán sobre os arquivos que as compiladoras, músicas e amigas de #OQNSE nos foron achegando durante estes anos e que puidestes descubrir nos paseos sonoros que fixemos pola cidade. O obxectivo non é máis que xuntarse para escoitar, aprender e facer propio o riquísimo patrimonio oral que inspira as nosas creacións musicais. O 10 de xuño veremos o resultado ao vivo nunha mostra deste traballo en proceso.
MAESTRO ESPADA
Como quen pasou un tempo fora da casa e agora volve coa ollada curiosa do visitante, os irmáns Alejandro e Víctor Hernández mergullaron na tradición musical da súa Horta de Murcia natal para xestar Maestro Espada, un emocionante proxecto no que os sintetizadores analóxicos armonizan coas castañolas e laúdes recollendo o acento local das cuadrillas para demostrar con creces que a electrónica tamén será folclore.