tradución da nota oficial:
O cartel de Vodafone Paredes de Coura péchase con grandes confirmacións e algunhas alteracións.
Debido a unha lesión na man do guitarrista Jamie Hince, The Kills vénse forzados a cancelar a súa actuación no festival prevista para o día 16 de agosto, cedendo o seu lugar aos non menos emblemáticos Echo and The Bunnymen. Grupo destacado do movemento neopsicodélico de Liverpool, Echo and The Bunnymen marcaron os años 80 coa súa fusión única de enerxía punk con atmosferas melancólicas. Liderados por Ian McCulloch, unha persoa forxada na literatura, carismática e arrogante, a banda converteuse nunha das maiores influencias do movimiento que tomou o relevo na seguiente década, o Brit Pop. O cartel do día 16 de agosto complétase co garage-rock dos británicos The Horrors e coas actuacións das bandas portuguesas Noiserv e The Glockenwise.
A segunda e última modificación é a anticipación do concerto de The Vaccines para o día 15 de agosto, cuxa alineación se pecha coa confirmación dos americanos Widowspeak.
A apertura de Vodafone Paredes de Coura o día 13 de agosto queda en mans dunha aposta segura de nomes nacionais Tape Junk, O Bisonte, Sensible Soccers, Moulinex e The Filthy Pigs, confirmando a vocación do festival no lanzamento e consolidación do talento Made in Portugal. Ao día seguinte, o cartel queda completo coas confirmacións do colectivo The Discotexas Band e o Dj set de Headbirds.
Vodafone Paredes de Coura pecha o día 17 de agosto e engade aos nomes xa anunciados unha boa dose de rock: os portugueses Black Bombaim e Papercutz, o garage dos americanos Bass Drum of Death e o noise dos irlandeses ASIWYFA (And So I Watch You From Afar).
Do 13 ao 17 de agosto, Vodafone Paredes de Coura descende á Praia Fluvial do Tabuao durante cinco días de vacacións en comuñón coa música e a natureza. Corenta e tres artistas, entre novas apostas e valores seguros, do sangue novo aos grupos xa consagrados, pasarán polos tres palcos do festival, que en 2013 celebra a súa vixésimoprimeira edición sen interrupcións.
CARTAZ:
13 de agosto
Tape Junk / O Bisonte / Sensible Soccers / Moullinex / The Filthy Pigs
14 de agosto
Alabama Shakes / Bombino / Unknown Mortal Orchestra / The Discotexas Band / Headbirds (dj set)
15 de agosto
The Knife / The Vaccines / Everything Everything / Hot Chip / John Talabot (live) / Little Boots / The 2 Bears / Veronica Falls /
16 de agosto
Echo and the Bunnymen / The Horrors / Toy / Iceage / Delorean / Citizens! / Simian Mobile Disco / Cold Cave / Will Saul / Peace / Noiserv / The Glockenwise
17 de agosto
Justice (DJ Set) / Belle and Sebastian / Palma Violets / Calexico / Phosphorescent/ xxxy / Ducktails / Black Bombaim / Papercutz / Bass Drum of Death / And So I Watch You From Afar