O festival da lusofonía Cantos na Maré chega este sábado á súa décima edición.

Xaneiro 07, 2013

Chico César (Brasil), Ruí Veloso (Portugal), Cheny Wa Gune (Mozambique) e Sés (Galiza) serán os protagonistas canda a banda de músicos formada para o ocasión. De novo conta coa dirección artística de Uxía e regresa á dirección musical do pianista Paulo Borges (Azores-Portugal) , un dos principais coñecedores dos camiños nos que se encontran as músicas lusófonas.

O cantos na Maré non é festival ao uso porque os artistas non veñen coa súa propia banda a interpretaren repertorio propio. Durante varios días conviven e ensaian xuntos para coñecérense e prepararen un repertorio único que interpretarán “cará ao público” nun formato exclusivo desta ocasión. Deste xeito, abondos momentos de anteriores edicións fican gravadas con emoción na memoria do público testemuña da maxia transmitida desde o palco.

Os protagonistas desta edición
Rui Veloso, considerado o pai do rock portugués e con máis de trinta anos de carreira que o converten en toda unha institución, será unha das principais referencias desta edición. Igualmente o será Chico César, unhas das voces brasileiras máis enérxicas e recoñecidas mundialmente, que mantén un vínculo moi especial con Galicia e con Cantos na Maré, pois na primeira edición exerceu como director musical. Xunto a eles estarán Cheny Wa Gune, o mago da fusión dos ritmos tradicionais mozambicanos coa música moderna e embaixador mundial da timbila, o instrumentro tradicional máis destacado do seu país, e máis Sés, unha das novas promesas musicais de Galicia, coñecida polos seus ritmos americanos repensados en galego e en feminino.

A cita este sábado 12 de xaneiro ás 21:00 h. no Pazo da Cultura de Pontevedra, con entradas a 25 €.

AXENDA

Facebook

4 hours ago

Ábrete de orellas
Isto si é un premio, recibir traballos na redacción orelluda. Chegou o novo de O SONORO MAXÍN , que o vindeiro domingo están na A Arca da Noe con TIAM GzAi, ese ritmo e esas letras do Ico desde Ourense."A primavera ten que ser nosa", di que si. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook