O factor humano (publicado en Diario de Ferrol, agosto de 2001)

Xuño 15, 2001

Afortunadamente, non todo na vida son cartos, e iso tamén se pode aplicar ao mundo dos festivais, como se vén de demostrar unha vez máis co Felipop. Esa conxunción de bo gusto, trato familiar, actitude postitiva ( natural, non de postal), imaxinación e prezos módicos, fai desta cita un mundo no que dá gusto perderse. Esta mestura de verbena e música pop que propón a asociación Felicia é un sopro de ar fresco no cada vez máis masificado mundo dos festivais musicais. Un non necesita estar moi versado en tendencias ou nomes de formacións pop para desfrutar do que se agacha baixo a a carpa da pista polideportiva. O mesmo que no tradicional patrón das nosas vilas, un pode achegarse no mediodía do sábado a unha sesión vermú onde degusta productos da terra mentres desde o escenario brota música. A diferencia esencial é que no Felipop non actúan orquestras, senón intérpretes pop. Nun atardecer soleado, a sorpresa foi inesquecible: un histórico do pop español como Adolfo (Íberos e Cánovas, Rodrigo, Adolfo y Guzmán) deleitándonos coa súa marabillosa voz: “Señora azul”, “Summertime girl”… mentres comiamos empanada e mexillóns. E toda unha figura da radio española como Juan de Pablos entre os asistentes, constatando que a oferta goza de simpatía alén do Telón de Grelos.

Mais non é xusto quedar só co que pode parecer máis anecdótico. A pesar do orzamento que manexa a organización, alí disfrutamos de máis luxos musicais: un compositor e intérprete histórico e exquisito coma P.F. Sloan e un excelente trío londinense que incluso o acompañou na noite do venres, os Bronco Bullfrog. Ademais non podemos dicir que a representación peninsular non estivese á altura, pois aínda que un persoalmente disfrutou moito dos Protones, Leslie Nielsen e os Gurús, bandas coma Cinemascope, Contrastes, Easytones e Cosecha Roja tamén cumpriron.

Agora a agardar pola vindeira edición. Este ano fomos uns varios e cómodos centos e supoño que os demais asistentes estarán comigo en que o importante é manter o bo espíritu do festival. No musical un xa confía cegamente na organización.

Pepe Cunha 15-ago-2001

(revisado gramaticalmente en 2013)

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook