O estadounidense Kurt Elling protagoniza a terceira cita co ciclo Jazzatlantica organizado pola Orquesta Sinfónica de Galicia.
O seu concerto terá lugar o luns 12 de novembro ás 21 horas no auditorio do Centro Social Ágora na Coruña e as entradas poden adquirise na taquilla de Novacaixagalicia.
A crítica salienta nel a profundidade e ampla visión das súas gravacións e estilo interpretativo. De 1995 a 2003 editou 6 álbumes co prestixioso selo Blue Note. Actualmente edita con Concord e vén de publicar “1619 Broadway: The Brill Building Project”, onde canta composicións de Paul Simon, Carole King, Sam Cooke, Bacharach and Davis, Duke Ellington …
Unha desas citas para non perder, como amosou hai anos na súa anterior visita a Galiza dentro do festival de Jazz de Pontevedra de 2007.
Eis as seguintes citas co Jazzatlántica:
20 de novembro (martes)
Paquito D’Rivera no Ágora.
26 de novembro (luns)
Christian Scott no Ágora.
28 de novembro (mércores)
Abe Rábade Trio no Ágora.
1 de decembro (sábado)
China Moses no Ágora.
Entrada:
Prezo de localidades soltas:
– Ágora: Patio de butacas+Anfiteatro: 15 euros.
– Teatro Rosalía: Patio de butacas+plateas+palcos: 15euros// Anfiteatro + Palcos de Anfiteatro+ Tertulia + xeral: 10 euros.
Prezo dos abonos: 94,5 euros (Non se vende en abono Anfiteatro , palco de Anfiteatro, Tertulia e Galería do Teatro Rosalía).
http://en.wikipedia.org/wiki/Kurt_Elling
http://www.sinfonicadegalicia.com/contenido.php?idpag=2&modo=0