o Esmorga Fest recibe o ano confirmando 4 novas bandas ao seu cartel : Viva Belgrado, Le Temps du Loup, Böira e Moura

Xaneiro 10, 2020

nota:

o Esmorga Fest recibe o ano confirmando 4 novas bandas ao seu cartel que xa suma 14 e non se dá por pechado segundo a organización.

Unha aposta que abarca as variantes máis rockeiras para conseguir un enorme abanico de variedade musical para un fiel público “esmorgueiro”.

Grupos da talla de Viva Belgrado que tras máis de 200 concertos e percorrer 23 países en festivais da talla de Resurrection Fest, Primavera Sound, ArcTanGent entre moitos outros, os potentes e explosivos Le Temps du Loup, o rock máis atmosférico de Böira ou os galegos e tan experimentados Moura ,capaces de encamiñarnos nunha viaxe pola psicodelia, daranse cita no escenario SON Estrella Galicia do Esmorga Fest, que verá a luz na súa sexta edición o próximo 13 e 14 de Marzo en Sarria (Lugo).

As entradas pódense comprar a prezo anticipado na web do festival así como nos locais de Sarria: Adarve e Xarope.

Grupos confirmados:

YAWNERS – MOON DUO – MODERN NATURE – LOS PUNSETES – IT IT ANITA – CARIÑO – ATENCIÓN TSUNAMI – ALIMENT – NIÑA COYOTE ETA CHICO TORNADO – PONY BRAVO – VIVA BELGRADO – BÖIRA – LE TEMP DU LOUPS – MOURA

AXENDA

Facebook