o Esmorga Fest publica os horarios da súa décima edición

Outubro 17, 2025

nota:

https://esmorgafest.com

O Esmorga Fest X quenta motores e presenta os horarios oficiais da súa décima edición, que se celebrará os días 17 e 18 de outubro de 2025 en Sarria (Lugo).
Durante dúas xornadas, o público poderá gozar dunha ampla programación musical en dous escenarios: a Sala Litmar (Escenario #Vicedepu) e A Unión (Escenario Xacobeo).
Ademais da música, o sábado ao mediodía terá lugar unha degustación de balde durante o vermú en A Unión, a cargo de Cárnicas Teijeiro e Queserías Sarrianas, para que o público recolla forzas antes de seguir bailando.

VENRES, 17 DE OUTUBRO
Escenario #Vicedepu | Sala Litmar
20:00 – Apertura de portas
20:30 – Battosai
21:35 – Anabel Lee
22:55 – Viva Belgrado
00:30 – Mujeres
02:05 – Ezezez
03:10 – Joe Crepúsculo
04:20 – Pálida

SÁBADO, 18 DE OUTUBRO
Escenario Xacobeo | A Unión
13:00 – Apertura de portas
13:30 – Las Prisas
14:25 – Cholas

16:25 – Sara Zozaya
17:30 – Beach Avenue
18:30 – Axiom Band

Escenario #Vicedepu | Sala Litmar
20:30 – Apertura de portas
21:00 – Las Dianas
22:00 – Oh Hiroshima
23:50 – La Habitación Roja
01:25 – Bum Motion Club
02:45 – Parquesvr
04:10 – Javier LG

O Esmorga Fest agradece o apoio de todos os seus patrocinadores, incluíndo o Concello de Sarria, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.
O Esmorga Fest conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia, no marco de Concertos do Xacobeo.

Abonos e entradas: https://esmorgafest.com/entradas/

AXENDA

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Mentres andamos a retraballar nunha cousa ben estimulante e necesaria, recuperamos traballos que non pasaron por Ábrete de Orellas ou o fixeron moi por riba."Memoria nova" é o último de Pantis @https://www.instagram.com/ulopantis/pantis.bandcamp.com/album/memoria-nova10 track album ... See MoreSee Less
Ver en Facebook