nota:
O Esmorga Fest anuncia o seu cartel completo con todos os nomes dos artistas e bandas que poderemos atoparnos na oitava edición do festival underground.
Desde Reino Unido e como primicia en España darán o seu primeiro concerto unha das bandas emerxentes con maior progresión dos últimos anos: bdrmm.
Last Days of April (Estocolomo), achegarán toda a madurez dunha banda icona no movemento indie pop a nivel europeo.
Los Punsetes (Madrid) estarán a tocar o sábado 20 de maio no escenario “Son Estrella Galicia” representando unha das máis importantes bandas do noso país no rock independente.
Máis nomes como Toundra, unha das mellores bandas do post-rock a nivel europeo xunto con First Breath After Coma (Portugal), o pop de Grande Amore, o techno de Cora Novoa e así ata 19 nomes, todos eles punteiros dentro dos estilos underground e independente que acompañan ao festival desde fai xa case unha década.
A venda de entradas, que mantén un prezo “low-cost” de 40€ os dous días, mantén moi bo ritmo e augura o soldout a falta dun mes para a celebración do evento.
A organización do festival móstrase moi agradecida co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, SON Estrela Galicia e o Concello de Sarria.