nota:
O Esmorga Fest vén de pechar o cartel da edición de 2018. Aos grupos xa confirmados súmanse agora bandas como Presumido, Pálida, Kadettgsi ou FAVX. Únense a grupos que xa foran anunciados, como WAS, Nudozurdo, Mujeres, Disco Las Palmeras ou Cala Vento.
A nova edición do festival continúa a ser un referente do presente musical underground e independente. Mantén a súa localización na vila luguesa de Sarria e volve celebrarse no mes de marzo, mais nesta ocasión pasa a ser unha festa de dous días, o 2 e o 3.
O festival é froito do traballo de todo o ano dunha asociación cultural sen ánimo de lucro de Sarria, que ten como único obxectivo traer propostas creativas do eido musical á vila, onde destaca canta poboación toca un instrumento ou pertence a un grupo.
As entradas pódense mercar a través da páxina web a prezo reducido ou fisicamente en locais de Sarria e no Mercado Street Food de Lugo.
–
Entradas: