O disco Sós de Mercedes Peón elexido o quinto mellor do mundo pola prestixosa World Music Charts Europe

Xaneiro 04, 2012

O disco SÓS, da artista galega Mercedes Peón, foi elexido como o quinto mellor do mundo dentro de xénero da música étnica. Tras estar dous meses consecutivos como número 1 da lista, Mercedes Peón finalizou o 2011 no quinto posto da prestixiosa lista World Music Charts Europe.

A World Music Charts Europe é a lista de referencia mundial no xénero da World Music ou música étnica. Un xurado composto de 45 críticos de máis de 23 países europeos selecciona cada ano os mellores discos deste xénero musical.

Mercedes Peón remata así o ano 2011, tras unha exitosa xira internacional con máis de vinte cinco concertos como embaixadora de Galicia por España, Francia, Bélxica, Portugal, Holanda, Alemania, Gran Bretaña, Austria, Suecia, etc.

Unha boa mostra do éxito acadado pola artista galega son algunhas das críticas publicadas ao longo do ano por algúns dos máis importantes medios de comunicación europeos:

“Ten a audacia estética de Björk, a profundidade emocional de Pj Harvey, máis ritmos que Fatboy Slim e un metal de voz privilexado á altura de Camarón de la Isla. (…) ¿Electrónica para escoitar?”. El Mundo (España)

“Producido e mixturado por ela mesma, “SÓS” é unha sofisticada mezcla electro-acústica, ancestral, vanguardista e feminina. Simplemente, única.” Mondomix (Francia)

“Mercedes Peón é unha das artistas máis autenticamente orxinais da escena musical española”. The Guardian (Reino Unido)

“Mercedes Peón confirma a sua posición na Vangarda da escena musical española e Europea”. Songlines

Neste ano 2012 a artista galega comeza a súa xira Internacional en Estambul e continúa camiño por Bélxica onde lle espera unha xira de 10 concertos durante o mes de marzo.

SÓS, un disco á vez ancestral e vanguardista

SÓS un disco cheo de humor, de ambientes electroacústicos. Un título poliédrico que suxire todo o álbum” …—…”, código morse, s.o.s., “solos” en español, “es” en arxentino, título sonoro universal e mecanizado. Transita por lugares da súa última xira internacional: Marrocos, Sao Paulo, Suecia etc. influencias arquitectónicas, sorpresas e impactos, ruídos da rúa, autocrítica, feminista, estrito, intuitivo, espazos abertos ao libre albedrío, e sobre todo cheo de humor.

SÓS música de vangarda. Un disco catalogado como maduro, fresco, sorprendente, creativo. Inxeniosa e profundamente conceptual. Creado, tocado, producido e mesturado pola propia artista. …—… , é un exercicio de microcomposición, onde o resultado final, maior que as partes que o conforman, erísexe como o traballo máis vangardista e contemporáneo dos editados ata o momento.

AXENDA

Facebook