O Coro da Rá

Decembro 01, 2012

Con 50 compoñentes e dirixido por Ramón Bermejo, é o coro residente da Escola Estudio de Santiago e conta con 19 anos de historia. Durante este tempo ofreceu as súas versión a cappella de famosos temas da historia do soul, rock, pop, jazz ou música brasileira. Fixo multitude de aparicións en televisión, actuou en grandes teatros, e tamén nas rúas de toda Galicia facendo flash mobs e loucuras de todo tipo e gravou un cd: Fráxil. En Non nos importa a fama!, ofrece un renovado repertorio de cancións que van desde o swing de Count Basie ata temas de Queen, Frank Zappa ou Earth. Un espectáculo deseñado para alegrar os corazóns e loitar contra a desesperanza reinante.

AXENDA

20:30 h.
Teatro Colón, A Coruña.
8 €