O Castelo Son (23ago, Culleredo) convoca un concurso para escoller ao grupo que abrirá o festival.

Agosto 02, 2013

nota :

O Castelo Son (23ago, Culleredo)convoca un concurso para escoller ao grupo que abrirá o festival, no que tocarán con Heredeiros da Crus, Zënzar e Skarallaos

As bandas interesadas, de calquera estilo, procedencia e traxectoria, deben escribir un mail cunha foto e información antes do luns ao mediodía
Entre os grupos máis votados polas redes sociais, un xurado formado por Marcos Pereiro, Xosé A. Touriñán e Javi Maneiro escollerá a banda gañadora, que recibirá 300 euros

Tes unha banda e queres formar parte do cartel do Castelo Son? Esta é a oportunidade de facelo, de compartir escenario con Heredeiros da Crus, Zënzar e Skarallaos o 23 de agosto en Culleredo. Os pasos a seguir son moi sinxelos, e comezan coa inscrición no certame enviando un correo electrónico…
Escribe un e-mail a casteloson@querostar.com ata o luns 5 de agosto cunha foto da banda, unha breve descrición (estilo e lugar de procedencia), un enlace a un vídeo (Youtube ou Vimeo) e outro enlace a algunha páxina web, conta en redes sociais… Quedaredes inscritos no certame, e pasaredes á fase de votacións. O luns 5 de agosto publicarmeos o listado de grupos inscritos.
Coa publicación dos grupos participantes, crearemos un album no Facebook do Castelo Son, no que os internautas poderán votar facendo gústame nas fotos durante catro días. Os tres máis votados serán os finalistas. O prazo de votación comezará o luns ás 18.00 horas e rematará o xoves ás 14.00 horas, cando se confirmarán as bandas clasificadas a través desta web.
O sábado 10 de agosto pola tarde, terá lugar na terraza da cervexería S-11 no Burgo (Culleredo) un microprograma retransmitido en streaming a través da web do Castelo Son no que un xurado formado por Javi Maneiro, Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro decidirán, coa axuda de varios blogueiros galegos, a banda gañadora do certame.
O grupo gañador recibirá como premio a cantidade en efectivo de 300 euros e actuará abrindo o Castelo Son o 23 de agosto en Culleredo, cun concerto dunha duración aproximada de 45 minutos. Durante as semanas previas ao evento incluirase na promoción e difusión mediática do festival, con espazo propio na web.
Poderá participar no certame calquera grupo ou solista, de calquera estilo, procedencia e traxectoria. Serán descartadas todas as candidaturas que non acheguen no prazo indicado (ata o luns 5 de agosto ás 12:00) a información requerida (fotografía, texto, vídeo e ligazón a web ou perfiles sociais). Os grupos finalistas estarán en disposición de achegarse o 10 de agosto ata O Burgo (Culleredo), para participar cunha pequena entrevista ou a interpretación en directo dalgún tema acústico no microprograma no que o xurado decidirá a banda gañadora, que será proclamada nese mesmo momento.
Airapro vólcase co concerto de Heredeiros da Crus no Festival Castelo Son
No quinto aniversario do Castelo Son, Airapro únese á Comisión de Festas de Castelo e á asociación Castelo Deporte para organizar o único festival no norte de Galicia no que actuarán os Heredeiros da Crus este verán. Desde hai quince días hai data, e será o 23 de agosto.
Airapro decídese a poñer todo polo seu primeiro festival. O pobo do xefe, como comentan os traballadores da produtora na oficina, porque Touriñán é de Castelo, será o escenario dun auténtico espectáculo de música en directo con Heredeiros da Crus, Zënzar, Pito de Pikasso e Skarallaos.
Unha entrada cun prezo moi asequible (10 euros anticipada, 15 euros en taquilla), bebida e comida a prezos populares (cubatas a 3,50 euros e cañas a 1,50 euros), ademais dunha ampla oferta de servizos como autob uses desde diferentes puntos de Galicia, acampada e aparcadoiro de balde, completan a oferta do Castelo Son, que pretende recibir a milleiros de persoas o venres 23 de agosto en Culleredo. A produtora con sede en Betanzos produce o seu primeiro festival co obxectivo de situalo no mapa das citas imprescindibles no calendario de eventos musicais para o verán en Galicia.
Desde finais de xullo, a empresa de Touriñán e Pereiro programa unha amplísima campaña de difusión ao redor da cita de Castelo, cun stand ambulante que xirará polos eventos máis importantes do norte de Galicia nas próximas semanas con venda de entradas e merchandising dos Heredeiros da Crus e Skarallaos incluída. O luns 29 de xullo visitará as festas de Cañás, na localidade coruñesa de Carral; o 2 de agosto haberá dobre oportunidade de mercar entradas, en Muros (Castelo Rock) e Ézaro (nos concertos de The Lakazans, A Banda de Poi e Recambios Tucho). Xa o 3 de agosto o stand do festival cullerdense visitará o Rock In Cambre, o luns 5 estará nas festas de Viós (Abegondo), o 10 no Noroeste Pop Rock da Coruña, e o 17 na Festa Galega de Malpica e no festival V de Valarés. Unha axenda promocional que se complementa con cuñas radiofónicas, espazos na prensa escrita e online, así como diferentes vallas nas estradas e unha masiva pegada de carteis polas principais vilas galegas.
Desde a pasada semana as entradas están á venda a través de internet, en Ticketmaster e na Airapro Tenda, así como en diferentes puntos de venda físicos, como a Cervecería S11 (O Burgo), A Boa Estrela (Carral), Casa Rodríguez (Castelo), Pensión Angelita (Tabeaio), A Nave de Vidán (Compostela), Bar Plaza (Ribeira), Senave (A Coruña), ademais de Fnac, Carrefour e Halcón Viajes.

AXENDA

Facebook

3 days ago

Ábrete de orellas
O xoves comeza o Revenidas e estes son os seus horarios.Quedan entradas.⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook