O Casa SonRías combina música, gastronomía e audiovisual o sábado 4 de agosto en Bueu

Agosto 02, 2018

nota:

a XVI edición do Festival SonRías Baixas converte Bueu no epicentro do rock e das músicas do mundo, ao encher a vila de festivaleiros e festivaleiras procedentes de diversos puntos do mapa. Virán atraídos por unha programación musical fresca e orixinal que combina artistas consagrados do panorama nacional e internacional con formacións novísimas que a organización descobre cada ano para a súa parroquia, pero o Destino SonRías é moito máis.

Casa SonRías abrirá as súas portas o sábado 4 de agosto no Recinto da Estacada de Bueu, cunha completa proposta musical, gastronómica e audiovisual. A gastronomía do Morrazo será a protagonista, acompañada polo soul folk das Voodoo, por un acústico de Muchachito en solitario e por unha actuación sorpresa que porá o broche de ouro a unha xornada na que tamén se poderán ver os finalistas do I Concurso de Videoclips Galegos SonRías Baixas, entre os que arrasa o rock, con Agoraphobia, Basanta, Dakidarría, Delafé, Green Day, Iván Caride, La Pegatina feat. Macaco, Machina, Monoulious DOP, Nortones, Raiba, Ricky Hombre Libre, Soziedad Alkohólika, Stoned At Pompeii, The Skarnivals e You Dog!!

A asistencia a estas actividades é gratuíta, mentres que as entradas para os concertos da noite -cos italianos Talco, a big band valenciana La Raíz, os Berri Txarrak, Gatillazo, Desakato, Muchachito, Sara Hebe, Che Sudaka, Terbutalina, The Skarnivals, Muerdo, Revolta Permanent- están á venda na web do festival por entre 18 € e 40 € máis gastos.

AXENDA