Sempre que acaba un ano chegan os repasos do que nos deixou. Sexa por estabelecer rankings, por facer xustiza e repescar o que merecera máis repercusión, por amosar as preferencias e coñecementos de cadaquén, por pagar favores … pero as listas sempre funcionan, sempre dan que falar.
Desde Ábrete de Orellas argallei unha escolma variada de traballos galegos que achegaron cancións á nosa cita radiofónica semana, entre moitas outras que nos chegaron soltas, coma singles. Dos que chegaron en edición física á redacción tedes acceso aos meus comentarios e dos outros a diferentes plataformas onde escoitalos.
Non falo de mellores, que nin escoitei todo nin isto ten carácter competitivo, insisto un ano máis. Aquí tedes boa parte da diversidade estilística, da riqueza sonora ao noso alcance, propostas que se complementan para crear un universo orelludo. Son media ducia de mini-álbums, tres discos en castelán, tres álbums de jazz con importante presenza galega e un feixe de traballos que van desde a electrónica de baile ou intimista a unha banda sonora teatral pasando polo tradi, o pop máis ou menos sofisticado, soul-jazz, rock, pop dos 80, hip hop, mestizaxe, canción de autora … e o terapéutico “Basal” de A Pedreira.
Pasen e (re) descubran.
Moduladores “Cassette laranxa”
O Sonoro Maxín “A primavera ten que ser nosa”
Narci Rodríguez d’A Trío “The Glitch, Suite Of The Sad Young Men”
Exeria “Sobre a independencia”
Luís Fercán “Postales perdidas”
Carlos Ares “Peregrino”
Battosai “Lágrimas y milagros”
Cuarteto Federal “4 puntos cardinais”
Matt Otto, Abe Rábade, Xose Miguélez “The Landscape Listens”
Hilario Rodeiro Quinteto “Pausa”
Factoría de Subsistencia “Respirando … sempre”
Zavala “Pequeno Manual para grandes cambios I (teoría e práctica)”
Anxo Araújo “Aprender a bailar”
Orquestra Bravú Xangai “Os saxofóns de Occidente”
Xosé Lois Romero “A mulher lyrio”
Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre “Axúdame a sentir”