nordestin@s

Xaneiro 15, 2007

Nordestin@s gravouse en directo no Teatro Principal de Santiago de Compostela no pasado setembro. As voces xa familiares de Guadi (Berrogüetto) e Ugía (Marful) recollen 12 cancións, das terras de Cedeira e Foz principalmente, transmitidas por diferentes xeracións e interprétanas unha vez pasadas polos fermosos arranxos dun dos nomes imprescindibles do jazz feito no país. A tradición e a modernidade nas mans e voces axeitadas deron coma resultado un álbum tan fermoso e ben feito que se converteu este pasado Nadal nun merecido e ilusionante fito de vendas na música galega. Abe defíneo mellor: “…Música vocal…tradición mariñeira…harmonía de jazz…Todas as formas, sabéndoas mirar, son fermosas, en palabras do alemán. Grazas.
Pepe Cunha 15/01/07

Facebook

1 week ago

Ábrete de orellas
Versión da mítica "Fairytale of New York" dos Pogues a cargo de Iván Ferreiro , Guadi Galego e moitas máis ... See MoreSee Less
Ver en Facebook