Nordestin@s

Decembro 19, 2011

No Teatro Principal de Compostela gravouse en setembro do 2006, o único disco das Nordestin@s. Todo o público presente naquel concerto
aínda lembramos hoxe ese momento cheo de calidade, elegancia e emoción intensa. Os demais concertos foron todos momentos de luxo, intimidade, beleza e máis elegancia. As Nordestin@s sempre nos deleitaron con algún detalle especial, unha flor, un traxe, un tema, unha poesía, un perfume, unhas medias, uns zapatos, un arranxo especial, unha camiseta, unha adicatoria… Todos foron únicos, impresionantes, cheos de calidade e glamour.
Gardámolos con emoción e agarimo na nosa memoria.
Agora, despois de cinco anos, Ugia Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade,
as tres Nordestin@s, decidiron poñerlle unha data límite a este lindo proxecto que compartiron con tanta xenerosidade.
Van seguir por camiños distintos e a despedida vai ser, como non, cun concerto no Teatro Principal de Compostela, o luns 19 de decembro.
Teatro Principal
rúa Nova, 21 – Santiago de Compostela (A Coruña)
21h

AXENDA

Facebook

22 hours ago

Ábrete de orellas
chegou o novo de García Mc, con Xisco Feijoó: "Quen son eu?"PlayPlan ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Teatro Principal, Santiago de Compostela.