Noites de Luz: Chotokoeu + Alpargata + Hadri Hache

Novembro 15, 2014

nota:

(gal) VOLTAN AS NOITES DE LUZ

Despois de encher, en 2013, a Sala Nasa de Santiago de Compostela, voltan as Noites de Luz, un evento con música, baile e festa que chegará, nesta edición, ao Garufa Club da Coruña. A banda coruñesa Chotokoeu, os madrileños Alpargata e o pinchadiscos Hadri Hache serán os encargados de ateigar de luz e moito espectáculo a noite do 15 de novembro.

Chotokoeu voltan, por fin, a tocar na casa co espectáculo co que levan xirando todo o año por 6 países, ofrecendo máis de 60 concertos. Pola súa parte, os madrileños Alpargata, con cada vez máis fieis seguidores galegos, chegan á Coruña para amosar o seu novo show, cheo de calidade musical e humor. O recoñecido pinchadiscos Hadri Hache, un dos DJs máis activos do panorama galego, poñerá o punto final ás Noites de Luz cunha das súas
animadas sesións

Noites de luz preséntase como un espectáculo cultural de calidade máis aló das tendencias comerciais, e os seus organizadores confían en que se consolide co tempo -están planexadas dúas edicións máis en decembro-. Nestes eventos as redes sociais serán unha parte fundamental, xa que o prezo en taquilla, de 7 euros, será de 5 euros para as persoas que compartan o cartel desde a páxina de Facebook de Noites de Luz.
¡Comparte cultura e vén vivir unha noite de luz e música con Chotokoeu, Alpargata e Hadri Hache!

AXENDA

Facebook

22:00 h.
Garufa Club, A Coruña.
5 / 7 €