Noite de Folk: Maianas + Zurrumalla

Outubro 11, 2013

nota;

As pandereteiras de Ames: Maianas ( gañadoras do concurso da Radio Galega: “Vas sacar nota”)
Zurrumalla

Patri González: pandeireta, pandeira, voz; Carlos Sabariz, “Pelouro”: bombo; Suso Comesaña: gaitas, saxo soprano, voz; Juan Comesaña, “Viti”: tamboril; Nacho Álvarez, acordeón, voz. Bieito Lobariñas: gaitas, cunchas, pandeireta, voz.

“Naceu como grupo alá por febreiro do ano 2000 cando un grupo de amigos decidimos dar pulo aos nosos anceios e ás nosas inquedanzas musicais. Desde o inicio, co esforzó e o tempo roubado aos nosos quefaceres cotiáns para os ensaios por acá e acolá, fomos quen de ilusionarnos e gozar coas notas que iamos arrincando á historia e tradición musical da terra.Arredor dela creamos un universo no que nos sentimos unidos e do que estamos orgullosos.

O noso desexo é compartir este gozo, esta ledicia e este orgullo e que entre todos dignifiquemos a tradición. Por iso, durante estes anos da vida do grupo, e ao longo dos moitos concertos pola xeografía do país, procuramos ofrecer o mellor que como gaiteiros podemos arrincar de nós. Como a dilixencia non é una das nosas virtudes, cando decidimos gravar o CD deunos mágoa desbotar, por excesivo, material acumulado ao longo destes anos”.

Unha formación que leva doce anos estudando e tocando por toda Galicia a música tradicional conseguindo en cada actuación unha festa. Cun estilo musical baseado no tradicional e achegándose a un folk propio, aporta composicións e arranxos que farán as ledicias do público. Unha sorpresa de vitalidade e novos aires na nosa música. Zurrumalla editou un traballo discográfico, O que había e… O que hai, que recolle -en dous CD cun repertorio de vintecinco pezas- estes doce anos de percorrido.

AXENDA

Facebook

2 hours ago

Ábrete de orellas
TANXUGUEIRAS e Fillas De Cassandra unidas en "Quen é a que canta?" ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
Pub Clavicémbalo, Lugo.