Noisev

Agosto 05, 2016

nota:

Creado en 2005 polo músico David Santos, Noiserv é un dos máis creativos e estimulantes proxectos musicais dos xurdidos en Portugal na última década. A súa carreira está marcada pola creación de cancións capaces de chegar a cada individuo na súa intimidade, relembrándolle vivencias, momentos e memorias intrincadas entre a realidade e o soño.
Noisev, a quen chaman “o home orquestra” ou a “banda dun só home”, chega ao Gaiás co seu último traballo Almost Visible Orchestra, no que abandona o branco e negro e nos presenta un mundo de cores. Un disco máis denso e complexo que os anteriores, mais sen perder a identidade pola que se deu a coñecer hai case xa doce anos.

21:00 h.
Cidade da Cultura, Monte Gaiás, Santiago de Compostela.
De balde.