No Reply

Maio 11, 2012

No Reply comezan a súa andadura no ano 2002 e xa deixando marca en tódolos escenarios que pisaron dende entón. Unha xovencísima banda que conseguiu facer bailar a todo aquel que tivera a sorte de presenciar algún dos seus concertos, cheos de sons frescos pero madurados por unha novísima xeración de artistas mozos.

A súa carta de presentación son os ritmos máis bailables que dou a música negra na súa mellor época, dende oswing ata oska, pasando poloreggae ou odixieland.

A orixinalidade de No Reply radica na boísima acollida que ten por parte de todo tipo de público grazas a un estilo de música divertido e mozo, pero o mesmo tempo traballado, elegante e acompañado por un espectáculo visual de primeira. O longo da súa carreira, o noneto recibiu moitos premios entre os que destacan:

· 1º premio VII Concurso de Pop-Rock de Rivas-Vaciamadrid (2004)

· 1º premio Concurso de Pop-Rock de Moratalaz (2005)

· 1º premio Molina Rock (2005)

· 1º premio Certamen de Jóvenes Creadores de Alcalá de Henares (2005)

· Grupo demoscópico 2005 por Mondosonoro

· 1º premio Concurso Nacional de Bandas de la sala Ritmo y Compás (2006)

· 1º premio Concurso Villa de Madrid (2007)

No Reply tocaron nas mellores salas do noso país e participaron en innumerables festivais de gran recoñecemento: Reperkusión (2006), Metrorock (2006), Universimad (2006 e 2007), Tommy Hilfiger Sessions (2008), FIB Heineken (2009), etc.

Paralelamente, teñen o privilexio de compartir escenario con grandes da música nacional e internacional: Oasis, The Killers, Nena Daconte, Muchachito Bombo Inferno, Franz ferdinand, Marlango, Ojos de Brujo, Fanfare Ciocarlia, Eskorzo, Mojo Project, Reincidentes, Boikot, Macaco, The Locos, Chambao, El Bicho, e un longo etc.

No ano 2006 o grupo lanzou a primeira demo: Not On the Sunny Side, que tivo unha gran aceptación entre a prensa especializada e que xa miles de persoas puideron gozar. No ano 2008 sae a luz o seu primeiro traballo discográfico: Drunkology, editado por Universal.

O seu primeiro single, Bak Joke, foi todo un éxito e o seu videoclip foi emitido dende entón en canles de televisión especializados como 40TV. Drunkology, que gozou de grandes críticas, é un álbum fundamentalmente de swing, aínda que con fulgores de reggae, ska, latin ou fanfarria. Nel se poden atopar colaboracións de músicos de primeira liña do circuíto jazzero madrileño: o piano de Federico Lechner, o saxo de Miguel Malla (Mastretta), ou o clarinete de Tuli (Alamedadosoulna).

Actualmente, a banda encontrase inmersa na pre – produción do que será o seu segundo traballo discográfico.

23:30 h.
Sala La Iguana Club, Vigo.
6 €