NIÑO Y PISTOLA ofrecen en “Como un maldito guisante” dez estupendas cancións pop en formato acústico, algo pouco habitual. Coa supervisión de Arturo Vaquero nos estudios Abrigueiro de Friol (Lugo), regálannos toda unha colección de retrousos coidados, melodías e coros. Estes baionesesa (agora residentes en Compostela) amosan boa aprendizaxe a partir da mellor tradición desde os Beatles (homenaxeados na luminosa “Anyway (that´s OK)” ata os Jayhawks, por citarmos dúas bandas das que de seguro gostan. Cancións de apariencia sinxela, directas, animadas (“She Was”) ou melancólicas (“Why”), pero sempre perfectamente encaixadas neses tres minutos de duración. O bon se breve… Moi desfrutable.
Featured