Niño de Elche

Decembro 15, 2017

nota:

Poñemos fin a esta 3ª edición do ciclo por todo o alto. O 15 de Decembro visita o Teatro Jofre Ferrol un dos artistas que máis nos sorprendeu nos últimos anos: Niño de Elche.
Un cantaor atípico, un artista multidisciplinar que combina o cante flamenco coa performance, a poesía, a libre improvisación, o minimalismo, o rock ou a electrónica.
A súa discografía é tan dispar que non saberíamos clasificala, pero sen dúbida quedámonos con este último “Voces del extremo”, un disco brillante, singular e arriscado que está conquistando a público e crítica especializada por igual.

Facebook

4 hours ago

Ábrete de orellas
O SONORO MAXÍN, banda referente da Galicia tropical con mensaxe, volve cun EP titulado como a canción que o abre e desde xa un dos versos dos ano: “A primavera ten que ser nosa”. Culturactiva S. Coop. Galegaabretedeorellas.com/o-sonoro-maxin-a-primavera-ten-que-ser-nosa/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook