Electrónica/indie
Cristian: voz, percusión; Dani: sintetizadores, programación; Marco: batería, baixo, outros.
Artista invitado. Aníbal Anisakis
Determina-la natureza da música, dun grupo, un son, un disco axudándose dunha soa palabra é moi complicado, pero Niño Burbuja conseguiu resumir nela cada nota, cada segundo e cada momento do seu novo traballo, un EP de 4 temas que oscila entre a pista de baile e as praias do norte do Brasil, entre o vigor emocional e a forza do traballo duro. Un disco así nada máis podería levar por título Fortaleza.