Presentación do novo álbum: “Heavy Hearts, Hard Fists” e única data en Galiza
nota:
A cantante estadounidense Nikki Hill presentará en directo no Teatro Jofre o seu álbum Heavy Hearts, Hard Fists.
Natural de Carolina do Norte, pero instalada en New Orleans, Nikki Hill -impulsada polo boogie ruxinte da súa banda, unha mistura entre The Staple Singers e AC/DC- mostra no novo álbum un son ardente que predica o gospel máis rockeiro: altas horas da noite, beixos quentes e amor tóxico.
Criada no coro dunha igrexa, dentro do espírito do rhythm and blues e o garage rock, Nikki Hill cuspe lume cun alma bañada na voz de Etta James e o seu pelo colmeneiro que recorda á guitarrista dos Cramps, Poison Ivy.
Fai uns anos, Nikki Hill era una camareira con afinidade hacia o punk e un amor profundo polo R&B máis clásico. A petición do seu home (e agora guitarra da banda) Matt Hill, pasou de atrás da barra ao escenario. A acollida foi inmensa, e agora la banda xira polo mundo incansablemente, impresionando audiencias co seu son muscular, os riffs volcánicos de Matt, e, por suposto, o inimitable carisma de Nikki. Esta vez únese á banda un segundo guitarra: Robert Nesbit, o que fai que o seu directo sexa todavía máis espectacular.