nicolás “poetas y motocicletas”

Outubro 18, 2013

Vivimos tempos de resistentes, de compromiso artístico i estético. Case ningún valor é seguro de éxito e menos aínda dun mínimo de vendas, así que as discográficas apenas apostan por músicos con personalidade de seu, malia a súa calidade ou traxectoria. Neste contexto situamos a proposta de Nicolás, Nicolás Pastoriza, o ex de Bromea o qué?, La Marabunta e, xa nesta era de total revolutum, Ectoplasma.

Afortunadamente, dentro dos artistas que si gozan de certo éxito (aínda venden discos, enchen salas e son contratados por festivais e administracións) hai quen aproveitan para se involucrar e apoiar outros valores, non só novos. No caso que nos ocupa é Iván Ferreiro quen volve animar a Nicolás desde a produción e tocando as teclas de piano e sintetizador. Completan a banda da gravación, Martiño Toro, Daniel Díaz e Amaro Ferreiro, que axudan envolver os textos de certo aire psicodélico e influencia de álbumes clásicos dos dourados 60. Porén, ás veces abusa da narrativa en detrimento do retrouso e cunha voz algo tapada pero, iso si, non faltan os pequenos arranxos ben colocados, dando brillo aquí e aló.

Tras escoitar varias veces esta colección, reencontrámonos coas composicións de pura escola de autor pop, escritas por todo un admirador de mestres das historias feitas canción como Ray Davies (The Kinks), Neil Hannon ou Nick Lowe. Coma eles, desde a correspondente subxectividade observa e vive a vida, atopa inspiración nela e reafirmación ou complicidade noutras manifestacións artísticas aparte das musicais (series televisivas, películas ou literatura). “Ojos Gris metalizado” é sen dúbida unha das súas mellores composicións de sempre, pero tamén salientaría “M.I.L.F.” ou “Poetas y motocicletas”. Non falta as súas referencias á ciencia-ficción en “Plutón” ou “Basura espacial”.

Búscao acompañando a xira de Iván Ferreiro e en calquera pequeno local interpretando as súas cancións e homenaxeando a tradición pop.

Pepe Cunha, 23-outubro-2013

Ao igual que o anterior “El niño con la raqueta en el espejo”, na súa web podes escoitar e mercar este traballo autoeditado en CD ou vinilo.

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook