Nick Garrie

Novembro 18, 2011

En 1969 un mozo inglés criado en Francia chamado Nick Garrie cumpre vinte anos e grava un deses discos que forman parte da subcultura culta dos anos sesenta, “The Nightmare of J.B. Stanislas” (DiscAZ, 1969), producido por Eddie Vartan co acompañamento dunha orquestra de sesenta músicos. Con todo o suicidio de Lucien Morisse, dono do selo, provoca que a tirada sexa mínima e a promoción nula. Pasa pois desapercibido a pesar de ser sen ningunha dúbida un dos discos máis fermosos e inquietantes de finais dos anos 60. Un disco maduro, melancólico, cun ollo na psicodelia e outro na chanson francesa: resoan ecos de Nick Drake, de Harry Nilsson ou de Leonard Cohen pero tamén de Jacques Brel, de Georges Brassens ou de Georges Moustaki.

Co tempo vai crecendo o culto polo elepé, chegando a pagarse 1200 euros por unha copia orixinal do mesmo. Nick non volverá escoitar estas cancións até o ano 2005 pero namentres non deixa de facer cancións, deixar discos dispersos polo mundo, tocar alá onde llo permiten o tempo e o dnero e até telonear ao mismísimo Leonard Cohen, fan confeso de Garrie.

Tras moitos anos de desencantos Nick parece atopar o seu sitio nisto da música. E hai que agradecerllo ao selo madrileño Elefant que lle fixo recoller a confianza necesaria para primeiro publicar un disco gravado en compañía do mellor da escena indie escocesa (Ally Kerr, BMX Bandits, Teenage Fanclub) á altura de todo o anterior, “49 Arlington Gardens” (Elefant, 2009), e despois acceder á reedición do seu disco maldito, “The Nightmare of J.B. Stanislas”, que vén acompañado dun extenso libreto autobiográfico. E agora temos a oportunidade de escoitar a súa máxica voz en directo coa súa única actuación en Galicia.

AXENDA

Facebook

1 hour ago

Ábrete de orellas
⏰ 𝗛𝗼𝗿𝗮𝗿𝗶𝗼𝘀 𝗥𝗲𝘃𝗲𝗻𝗶𝗱𝗮𝘀 𝟮𝟬𝟮𝟰 ! 🎶📆 Estabades ansiosos por eles e aquí os tedes 👈📝 Estes serán os horarios dos concertos do #Revenidas2024 👈🔴 Tanxugueiras ⚫ Dubioza Kolektiv 🔵 La Pegatina🔴 Fillas de Cassandra⚫ Narco 🔵 Talco 🔴 Balkan Paradise Orchestra⚫ Lontreira🔵 Loita Amada🔴 Serial Killerz⚫ ETS (En Tol Sarmiento)🔵 El Kanka🔴 Lendakaris Muertos ⚫ Guadi Galego🔵 The Rapants ⚫ Mafalda - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 La Fúmiga🔴 Lágrimas de Sangre - ÚNICO CONCERTO EN GALICIA ⚫ Caamaño & Ameixeiras🔵 Los Niños Jesús 🔴 Vértebras⚫ The Tytes 🔵 Miss Bolivia🔴 Muchachito Bombo Infierno⚫ Xavi Sarriá - ÚLTIMO CONCERTO EN GALICIA🔵 Trashtucada🔴 Rebeliom do Inframundo - CONCERTO ESPECIAL⚫ Dakidarría 🔵 De Ninghures - CONCERTO VIBRA MAHOU🔴 Catuxa Salom - CONCERTO VIBRA MAHOU⚫ Uxía Lambona e a Banda Molona 🔵 García MC 🔴 Muyayo Rif⚫ La Duendeneta 🔵 La Yaya Dj 🔴 Mekanka Rolling Band🎟️ Merca xa o teu abono ou a túa entrada de día, antes de que muden de prezo o próximo martes día 3 de setembro, en www.revenidas.com 👈🐟 #Revenidas 2024 do 12 ao 15 de setembro en Vilaxoán 🎶#Revenidas #Vilaxoán #DeputaciónDePontevedra #XuntaDeGalicia #RíasBaixasFest #Galicia #RíasBaixas #Xacobeo #OFestivalDasLinguas #VibraMahou #PacoLola #Sonen Concello Vilagarcía de Arousa Deputación Pontevedra Turismo Rías Baixas Cultura de Galicia Xunta de Galicia Turismo de Galicia Camino Xacobeo Vibra Mahou Deleite Gadis PACO & LOLA Alma Atlántica Arehucas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook