New York Ska-Jazz Emsemble

Agosto 07, 2012

New York Ska-Jazz Emsemble (Reggae, Ska, EE.UU)
10 ant / 12 bill. (Á venda no Aturuxo, na Librería A Esmorga ou Bar Princesa, Vigo)

THE NEW YORK SKA-JAZZ ENSEMBLE é un bloque compacto de músicos con miles de concertos ás súas costas e unha das bandas máis demandadas debido aos seus excitantes directos.

NYSJE naceu durante unha xira europea de The Toasters en 1994. A idea era crear un cambo que, a partir do ska instrumental clásico, abránguese os ritmos e harmonías do modern jazz. Freddie Reiter e Rick Faulkner, dous dos Toasters, pensaron en xente de The Scofflaws e en Devon James, guitarrista dos míticos The Skatalites, para crear a súa superbanda. Todos eles aceptaron.

Dende esa idea inicial ata hoxe en día pasaron máis de quince anos, tempo no que se converteron en todo un referente da música ska, actuando por todas as partes e nos eventos máis importantes do xénero. A súa formación cambiou, tanto que tan só permanece Freddie Rocksteady Reiter, aínda que a súa proposta musical se mantén intacta: interpretar estándares de jazz con ritmos xamaicanos, versionar temas diversos e dar cabida ás súas propias composicións. Con 10 álbums editados e un incrible directo son unha aposta segura non só para os seguidores de reggae e ska, senón para todos os amantes da música negra en xeral.

Na xira estival de xullo e agosto 2012 a banda presentase en directo o seu LP número 11 “Double Edge” (Brixton Records BR-33 CD/LP) que en palabras de Rocksteady Freddie “é unha obra dedicada aos nosos fans”. Ademais do habitual criadeiro de estrelas que forman NYSJE o álbum conta con colaboracións “de campaíñas” como a voz da estrela xamaicana JC Lodge no single “Weak In Love”. Outras colaboracións salientables son as de Andy Bassford á guitarra (Toots & the Maytals, Gregory Isaacs), Kim Miller á voz ( Israel Vibration), Larry McDonald á percusión (David Hillyard & RS7, Gil Scott Heron) e Kevin Batchelor á trompeta (the Skatalites).

Tamén se presenta nestas datas o DVD “Live In Bilbao” (Brixton Records BR-30 DVD) que recolle a antolóxica actuación bilbaína do verán de 2006 ademais da inclusión de numerosos extras (entre outros o concerto completo que NYSJE ofreceron, tamén en Bilbao, o pasado mes de xaneiro de 2011).

AXENDA

22:00 h.
Pub Aturuxo, Bueu.
10 / 12 €