Néstor Pardo Blues Band

Abril 24, 2015

nota:

Néstor Pardo: guitarra, voz; Miguel Martínez: contrabaixo; Adrián Seijas: batería.

Néstor Pardo forma a súa primeira banda no 2004 con só dezanove anos. Con The Allnight Workers grava dous álbums nos estudios Lightning Recordings de Berlín que publica o selo Grabaciones De Impacto. Xiran por toda Europa e o seu prestixio increméntase a cada novo paso, son así incluídos en varios festivais, tanto de jazz como de rock & roll. The Allnight Workers convértense na banda europea de Lala Brooks (The Crystals). No 2012 Néstor regresa á súa cidade natal e comeza a tocar como músico de sesión para distintas formacións (Northwest Pickers, The Hot Chocolates, Dixie Lovers, The Honky Tonkin Boozers, Rockers Go To Hell…). En outubro do 2014, entra de novo no estudio e grava o traballo que viu a luz en xaneiro do 2015 baixo o título Let It Stay .

AXENDA

Club Clavicémbalo, Lugo.