nota:
NENO ESCURO
Músico, artista sonoro e videocreador, Neno Escuro investiga no lado sombra do son, na suspensión da conciencia ordinaria a través de abismos perceptivos, integrando sons primarios, instrumentación analóxica e síntese electrónica nunha sonoridade de estraña raíz e difícil localización que se entrelaza con atmosferas visuais conformando un ámbito intermedial de exploración entre o lírico e o narrativo.
‘Fragmentos do desterro’ é un canto desde o umbral, un camiñar incerto no territorio limiar onde o humano se dilúe nesa presenza impersoal, sen nome, que habita o mundo.