nota:
Nelson Quinteiro (música tradicional), Martes 3 ás 22h30 (4€ / +CD 10€ / levando o disco: de balde)
A Casa das Crechas acolle a presentación do disco ‘Orquesta Gharbo’ de Nelson Quinteiro, que aparecerá en escena en formato dúo xunto ao guitarrista Álex Lorenz. Un concerto que nos leva por unha viaxe sonora desde as melodías armenias, tangos ou fados até as muiñeiras, romances e mesmo algunha versión.
Nelson Quinteiro (Cangas, 1979) é cantante, actor, bailarín, guionista e director de escena. No ano 2012 leva adiante a co-producción GHARBO! co Centro Coreográfico Galego. Ten creado e dirixido 7 edicións do Festival Galego de Cabaré. Dirixe dende o ano 2006 a Compañía Femme Fatale de teatro de rúa e cabaré, creando espectáculos como “As Nenas Perdidas”, “Unha cadeira para mover o mundo”, “Cabaréncrise”, “Brancas. Itinerario escénico urbano”, Master Class Cabaret, etc…
Como cantante destaca como patrón do grupo Cabesa de Pau ou grumete de grupos como Liñaceira ou Maghúa Pandereteiros. Como vocalista crea espectáculos como “As Mans Perdidas”, “Danza e Contradanza” ou “Gharbo!”.
Despois dun proxecto de crowdfunding a principios do 2013 entra en fase de gravación o día 16 de setembro nos estudios da Fundación SGAE de Santiago de Compostela, da man de Gerardo Amigo e acompañado dunha serie de músicos e colaboradores de cara a gravar o que será o disco “Orquesta Gharbo!”.
O disco “Orquesta Gharbo!”, editado por medio da discográfica “Inquedanzas Sonoras” é presentado no Teatro Colón da Coruña, o 7 de febreiro de 2014. A proposta musical, deste xeito non deixa de ser un verdadeiro espectáculo no que a composición tecnolóxica dos temas, mesturando voces ou aplicando efectos sonores consigue unha batería de sensacións e evocacións.
Trátase de música tradicional galega con influencias de todo o mundo; onde non hai gaitas nen pandeiretas pero sí serrucho, zendrum, pedais de loops, delay, piano, saxo, traveseira, guitarras, e onde as polifonías, ben na voz de Quinteiro ou complementadas por colaboradores tan contundentes como Silvia Penide, María López, Xandre Outeiro ou un coro de homes da charanga “Os Estalotes” ou da coral “Cantigas e Agarimos” enchen odisco dun sinfín de matices e melodías que van dende A Marola até Angola pasando polo Golfo de Bizkaia ou os xardíns da Alhambra. Todas estas viaxes nun disco no que a sensibilidade artística de Nelson Quinteiro impregna todo, nunha homenaxe ás voces das persoas anónimas que enchen a nosa intra-historia e que aquí cobran protagonismo.
Un disco composto por nove temas que van dende o pop ao bravú pasando por temas con arranxos de música mediterránea, tango, música trovadoresca, Angola ou Cabo Verde, Portugal, Euskadi. O barrio de San Pedro en Santiago de Compostela, Cangas do Morrazo, A Coruña, o Mar do Orzán.
Máis información: