nota:
VENRES 26 AGOSTO | NÉBOA
Polo mesmo ronsel que combina a canción tradicional con ritmos contemporáneos, navega Néboa. O seu resultado é un interesante pop-folk con toques de electrónica, jazz e trip-hop que constrúe ambientes nos que deixarse arrolar pola voz e as delicadas bases que constrúe o quinteto galego.