Natalia Contesse

Xuño 07, 2013

nota:
Natalia Contesse (tradicional, Chile) presenta o seu novo traballo, “Corra la voz”, unha proposta creativa a partir da investigación da tradición criolla chilena
O criollo é a unión da chegada dos españois (na guitarra e poesía popular), orixes africanas (ritmo e baile) e a cultura indíxena chilena (ritmo, espiritualidade e instrumentación).

Neste espectáculo fálase tamén dos problemas medioambientais que afectan ao Chile actual, como a tala indiscriminada de bosque nativo para o cultivo de eucaliptos e piñeiros, a venda dos dereitos de auga para minería salvaxe e a construción de grandes proxectos hidroeléctricos.

Compositora, cantautora e investigadora da cultura tradicional chilena, Natalia Contesse dá vida e aposta por un novo repertorio chilenio, con tonadas, cuecas, décimas, refalosas e refranes, fundíndoos con arranxos musicais moi elaborados e incorporando novos elementos.

En 2011 lanzou o seu primeiro álbum ‘Puñado de Tierra’, gañador da convocatoria Selo Azul e Fondos da Musica Chilena. O seu primeiro álbum non é só dunha sorprendente solidez, senón que demostra unha depuración de ideas que se intúen largamente pensadas, traballadas e investigadas.

Defensora do auga e apaixonada da vida, posúe un forte arraigo á terra e un espírito explorador. Natalia sostense de pé, firme, na dobre vía que sostivo aos mellores cantautores do seu país: por unha banda, o canto ao desengano amoroso como motor do sentimento en versos e, polo outro, a articulación dunha opinión política desde amplos valores humanistas e ecoloxistas.

Natalia Contesse está nunha xira por Europa e en Galiza : Ourense (Auriense), mañá nas Crechas, venres no Porriño (Liceum), sábado na Coruña (Baba Bar) e domingo en Vigo (Fundación Sales) e en Bueu (Bar Labranza).

Integrantes:

Natalia Contesse: Guitarras e Voz
Javier Cornejo: Piano, Violín e Voz
Claudio Alarcon: Guitarra e Voz

Facebook