Nastasia Zürcher

Agosto 20, 2020

nota:

🎤 CICLO DE MÚSICA NA RÚA “EN ABERTO”: NASTASIA ZÜRCHER

A actuación terá lugar mañá, xoves 20, ás 21:00h na Praza de Galiza.

ℹ️ A cantante e compositora galego-suíza Nastasia Zürcher levará a cabo o seu concerto en formato dúo presentando o seu segundo traballo discográfico, Beat. Nastasia, galardoada cun Galician Music Award na categoría de música negra nos Premios Martín Códax, interpretará en Arzúa temas de onda moderna e groove que flúe por estilos coma o neo-soul, o R&B contemporáneo e as chamadas músicas do mundo.

👥 Entrada libre ata completar aforo.
😷 Uso obrigatorio de máscara (agás menores de 6 anos e persoas con problemas respiratorios).
✅ Garantiranse todas as medidas necesarias para cumprir os protocolos anti Covid-19.

AXENDA

Facebook

21:00 h.
Praza de Galicia, Arzúa.
De balde até completar aforo.