nota
Nastasia Zürcher beat trío
Nastasia: voz; Adrián Saavedra: teclado; Narci Rodríguez: beatbox, guitarras.
Recentemente gañadora do Premio Martín Códax da Música (Galician Music Awards, 2016) na categoría Blues, funk & soul, esta xove cantante e compositora suízo-galega nacida en Xenebra no seo dunha familia de músicos crece inmersa nun universo cheo de melodías e ritmos multiculturais. A día de hoxe, leva máis de 10 anos dedicándose plenamente á música e sempre acompañándose doutras disciplinas artísticas tales como a interpretación e o baile nos seus diferentes xéneros. Ao longo da súa carreira, foi desenvolvendo a súa técnica vocal con, entre outros, Leo Giannetto, Ramón Bermejo, Jesús Yanes e Hellen Rowson, con quen tamén se formou en Voice Craft. Sen falta motivada e curiosa por coñece-los mundos e universos doutros artistas, asiste a varios cursos, seminarios e master classes impartidos por Richard Bona, Dean Bowman, Scott Stroman, Celia Mur, Paul Farrington, Dani Reus, Víctor Prieto… Centrada xa na súa carreira en solitario, Nastasia desprega as ás e, a principios do 2014, presentou o seu primeiro videoclip, Voar, tema co que obtivo dous premios no I Certame de Canción de Autor en Galego, en concreto os do público á mellor artista e á mellor canción orixinal.