Nastasia Zürcher

Xuño 09, 2017

nota.

A cantante e compositora suizo-galega Nastasia Zürcher, gañadora do Premio Martín Códax da Música 2016 na categoría de “Blues, Funk & Soul”, actuará o vindeiro VENRES 9 DE XUÑO 2017 na sala RIQUELA CLUB de Santiago de Compostela (21h / apertura de portas 20h), dentro dos concertos de final de xira de presentación do seu álbum debut “My Flight”.
Para o directo, e sempre no seu desexo de sorprender e aportar, vai acompañada polo seu aclamado formato “Nastasia Zürcher BEAT TRÍO” (voz, teclado, guitarras e beatbox-percusión vocal) asentando con el as súas propias composicións de neo soul e músicas do mundo nun groove descarado e moi particular.
Entradas anticipadas en A Reixa Tenda e Sala Riquela 8€ / Taquilla 10€

AXENDA

Facebook

7 hours ago

Ábrete de orellas
Hoxe Sumrrá agasalláronnos cun "greatest hits" ao interpretar unha peza de cada un dos sete álbums. Tiveron que facer 2 máis porque o público na Sede Afundación da Coruña así o quixo. Non canso de velos. Ciclo #butacadejazzMada Producións ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
21:00 h.
Riquela Club, Santiago de Compostela.
8 / 10 €