Narf Trío

Xaneiro 10, 2014

NARF TRÍO.
L.A.R. – HO CHI MING – NARF
PREZO. 8 €
DURACIÓN. 75 minutos

VOZ E GUITARRAS. Fran Pérez ‘Narf’. BATERÍA. L.A.R. Legido. BAIXO. Alberte Rodríguez ‘Ho Chi Ming’.

Narf Trío presenta o libro-disco ‘Nas tardes escuras’ (El Patito Editorial 2013) baseado en poemas de Rosalía de Castro. O grupo ofrece un directo fresco e contundente, interpretando a Rosalía dende a linguaxe electrificada do rock cunha visión contemporánea e enérxica dos textos da poetisa. O lanzamento do disco tivo unha gran repercusión nos medios con críticas moi favorables.

Narf Trío presentan o disco-libro “Nas tardes escuras” (El Patito Editorial 2013), o máis recente traballo discográfico de Fran Pérez “Narf”, no que o cantor e compositor explora a poesía de Rosalía de Castro dun xeito innovador.

O grupo, que ofrece un directo fresco e contundente con L.A.R. Legido na batería e Alberte Rodríguez “Ho Chi Ming” no baixo, interpreta a Rosalía desde a linguaxe electrificada do rock cunha visión contemporánea e enérxica dos textos da poetisa.

O lanzamento deste traballo tivo gran repercusión na prensa, na radio e na tv, con críticas moi favorables.

Tensión eléctrica en los versos de Rosalía de Castro… Rosalía suena de otra manera: urgente, cortante, poco lacónica… Rosalía suena dolorida pero desafiante”, Camilo Franco, LA VOZ DE GALICIA

Narf sacude a Rosalía… Nas tardes escuras es Una pequeña joya musical…una singular sacudida energética rosaliana…el público podrá comprobar en su potente directo la particular interpretación que Narf ha hecho de Rosalía de Castro”, Alfonso Pato, EL PAÍS.

Narf é un dos creadores musicais máis interesantes do panorama musical galego”, Óscar Losada, LA OPINIÓN.

Sorteamos entradas entre os correos que recibamos en abretedeorellas@gmail.com

AXENDA

21:00 h.
Teatro Colón, A Coruña.
8 €