Narf (Fran Pérez)

Abril 20, 2012

Petiscos Musicais Espasante
NARF+ Guiso de Bacalhau e outros peixiños

potas e potas abren ás 22
Entradas 5 euros
Promove: A Central Folque (Centro Galego de Música Popular) en parcería con A Escondida Café-Concerto

Narf
Reparte a súa actividade profesional como compositor e intérprete para música e teatro. Así no terreo teatral compuxo máis de cuarenta bandas sonoras orixinais, conseguindo o premio María Casares á mellor música en catro ocasións polas Pezas O segredo dos Hoffman, Sidecar, Río Bravo’02 e Finis Mundi Circus. Compuxo tamén por encargos para as Expos de Lisboa, Hannover e Zaragoza
Como cantautor, baixo o nome artístico de Narf, editou tres discos e recorreo importantes palcos por todo o mundo, tocando en cidades como Londres, Buenos Aires, São Paulo, Salvador de la Bahia, Maputo, Bissau, Recife, Varsovia, Nueva Delhi, Katmandú, Estocolmo… Recentemente consiguiu o número un no top ten das listas de éxitos da RDP África co seu proxecto Aló Irmão, que comparte co artista guineano Manecas Costa.
Narf é a identidade máis sintética e acústica de Fran Pérez, compositor e cantor galego, que reparte a súa actividade entre o teatro e o rock. No seu último apartado, Narf é un dos músicos máis recoñecidos de Galiza, guitarristas único e posuídor duma voz delicada e altas doses de talento. Narf, o proxecto do polifácetico Fran Pérez rompe barreiras e convírtese numa das aventuras musicais máis interesantes dos autores do país.

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=5BKD87bJq9c

Guiso de Verdiñas con Bacalhau e outros peixiños.
As fabas verdiñas son esas fabas verdes que, ao mellor por pequenas, dan boa danza co mar. Estas verdiñas veñen do Val de Lourenzá e desta volta quixeron ir con Bacalhau da Loira (Feás-Cariño) e quen sabe se algún peixe da ría de Ortigueira que queira sumar exquisito.

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

“Los geólogos cuentan que Ortegal fue en algún momento el centro de la Tierra”, explica el monitor al pasaje al doblar el cabo, “en todo el planeta sólo hay otros tres lugares con rocas tan longevas en Terranova, Polonia y Australia”. Hay teorías que defienden que estos cuatro puntos estuvieron unidos cuando la Tierra sólo tenía un continente, Pangea, que se fracturó en los cinco actuales. Ortegal, Terranova, Polonia y Australia formarían el centro de Pangea.
Ortegal era el centro de la Tierra
Lorena Bustabad – El País
“Espasante é para a xente de aCentral un dos portos mais embriagadores, misteriosos e vívidos da costa Norte galega. Donde grazas ao Bar de Fredi aprendimos a desfrutar do circuito de cantos tabernarios . Un lugar donde se poderia perder Hemingway, James Joyce, Albert Camus… ou é quizás un refuxio para almas perdidas que queremos seguir sendo? As tabernas de Espasante son lugares acolledores que gardan contos e cantos nas paredes, comidas de xenerosas nais e conversas riquísimas con mariñeiros na mar ou en terra. aCentral e a Escondida propón un achegamento á poética da paisaxe,da música e da comida con cachón do Norte.” Ugia Pedreira. (aCentral Folque)
“Na tradición da taberna porteña, de turistas e de mar, froito da herdanza xeracional do ultramarinos A Taberna Nova, naceu A Escondida ala polo ano 92.Tiveron que pasar ainda uns anos para chegar ao que hoxe é a Escondida, un espazo para o disfrute, un referente no circuito de música ao vivo nas terras de Ortegal e unha porta aberta a creación espontánea.Nese marco queremos comezar agora unha nova travesía en parceria con a Central Folque (centro galego de música popular) para poder traer a nosa terra propostas artisticas de calidade xa contrastada en escenarios do pais e de fora del. ” Ramón Peña. (A Escondida)
“O tempo arrivou en Espasante pro bem dos corpos. Alí no porto, escondida, está unha taberna nova noutrora.Comidas, camas e chatos beberon e comeron moitos. María preparaba a lume lento os pratos do día, nas súas conversas aínda lle queda a emoción de cociñar.Viñeron tempos de música, seguiu o alimento pra alma. Hoxe chegan os Petiscos Musicais para espíritus exquisitos e corpos famentos de saúde no alimento: os guisos e as notas bailan libre a ritmos achegados na cociña dunha valeca”. Marina Oural Villapol (Cociñeira polo vento e poeta)

AXENDA

Facebook

5 days ago

Ábrete de orellas
Este sábado, na Sala Rebullón, o porriñés Peter Petrowski presenta o seu novo disco de colaboracións, ALL-STARS, co que celebra dez anos de produción musical. 💿A presentación contará coa presenza de practicamente todas as colaboracións que participaron nesta gravación e con Lakenobaila aos pratos, nun evento único e seguramente irrepetible que reunirá algunhas das voces máis importantes das músicas urbanas do País. 🌟Antes das actuacións, poderemos gozar do documental 𝗦𝗘𝗚𝗨𝗜𝗠𝗢𝗦 𝗘𝗡 𝗣É!, que conmemora os 20 anos da banda DAKIDARRÍA , cuxo cantante, Gabri, tamén colabora neste disco. 📽️Ademais, a colaboradora Nuria Vil presentará a curta 𝗗𝗲𝗹𝗶𝗻𝗰𝘂𝗲𝗻𝘁𝗲, baseada no seu poema sobre a historia obreira da cidade de Vigo e dirixida por Alba Domínguez, na que Petrowski asina a posprodución da banda sonora.E para rematar esta gran xuntanza de ALL STARS, ninguén mellor que Sapoconcho SemPoncho .🎉Non te perdas esta celebración da música galega. A cita comeza ás 17:00h coas proxeccións.🎟️ Entrada Anticipada 5€ + G.X / Billeteira: 8€💻 Entrada web: vivetix.com/entradas-peter-petrowski-presentacion-all-stars-2msj?s=link&fbclid=PAZXh0bgNhZW0CMTEA...🏡 Entradas á venda na Cantina As Pedriñas🗓️ Sábado, 5 de Outubro.⏰ 17:00h - Proxeccións 📍Avda. Rebullón Nº 23 - Tameiga.#keler Keler #Tameiga #Concertos #Conciertos #Musica #Comunidade #Mos #Galicia #Salarebullon ... See MoreSee Less
Ver en Facebook
22:00 h.
A Escondida Café-Concerto, Espasante (Porto)
5 €